A propósito da chamada "Marcha de protesta" liderada polo grupo islamista Hamas:
1) O dereito de Israel á soberanía e a seguridade: Israel ten todo o dereito a defender as súas fronteiras, protexer aos seus cidadáns e impedir a infiltración ilegal no seu territorio soberano.
2) Unha protesta alimentada pola violencia: os líderes palestinos de Hamas están tentando presentar a marcha coma "resistencia pacífica". No entanto, Hamas afirma abertamente que a protesta pode transformarse en violenta. O certo é que é unha provocación premeditada que pretende prender as chamas do conflito e aumentar a tensión.
3) O investimento de Hamas en terror e non en infraestrutura civil: a infraestrutura de Gaza afronta moi serios problemas e a rexión encara unha fonda crise. No entanto, Hamas usa os seus importantes recursos para mercar armas e financiar túneles de infiltración terrorista en territorio israelí no lugar de atender ao benestar dos cidadáns de Gaza.
4) Israel non ten reivindicacións territoriais sobre Gaza: Israel retirouse na súa totalidade da Franxa de Gaza no ano 2005. Non hai ocupación israelí en Gaza. Non hai cerco a Gaza. Israel desexa que a Franx de Gaza sexa un veciño pacífico e próspero.
5) O apoio continuo de Israel en axuda humanitaria para Gaza: Israel continúa a fornecer enerxía eléctrica, auga e a entrada de mercadorías en Gaza, en coordinación cos organismos internacionais.
6) O goberno fracasado de Hamas en Gaza: Dende hai 11 anos, Hamas goberna Gaza sen piedade. Hamas usa a Israel como chibo expiatorio para así desviar a atención dos seus fracasos. En vez de atender ás necesidades do pobo de Gaza, Hamas continúa a oprimir Gaza para así manter o conflito e o seu poder absoluto.
7) Sancións da ANP a Gaza: A Autoridade Palestina impón sancións á Franxa de Gaza, suspendendo o pagamento de salarios e da enerxía eléctrica.
8) A explotación do pobo de Gaza por Hamas: Hamas continúa a explotar a súa propia poboación gazatí como escudos humanos. A marcha mostra unha vez máis como Hamas envía civís, incluíndo mulleres e nenos, diante das marchas mentres os seus líderes e combatentes agóchanse atrás deles. Hamas busca vítimas e quere que haxa mortos nun obsceno exercicio de manipulación sen a máis mínima decencia da opinión pública internacional.
9) Controlar e desarmar a Hamas: O obxectivo aberto e reiterado de Hamas é destruír ao estado de Israel. Primando este obxectivo os líderes palestinos de Hamas abandonaron ao seu propio pobo de Gaza e provocaron unha crise humanitaria no seu propio territorio. A comunidade internacional debe controlar e desasmar a Hamas e asegurar que os recursos vitais sexan correctamente empregados para axudar ao pobo de Gaza e non para financiar a ditadura islamista do grupo terrorista Hamas.
Vigo, 29 de marzo de 2018