08/04/17

Entrevista co alcalde de Ourense do embaixador Kutner

O pasado martes día 4 tivo lugar no Concello de Ourense a recepción e posterior entrevista do alcalde Xesús Vázquez co embaixador de Israel Daniel Kutner. Na mesma estiveron acompañados polo presidente de AGAI, Pedro Gómez-Valadés e polo profesor e historiador Afonso Vázquez-Monxardín, coordinador de AGAI en Ourense. Salientar o magnífico clima e as varias iniciativas de futuro tratadas en relación cunha mellor comunicación e máis abondosa entre Israel e Ourense e xa que logo, Galicia.