08/04/17

Encontro empresarial en Ourense: Israel-Galicia

Como remate da visita a Ourense do embaixador de Israel en España, Daniel Kutner, este mantivo un encontro con perto de medio cento de empresarios ourensáns. No mesmo encontro o embaixador Kutner falou sobre como Israel se converteu nunha nación Start-Up e como desde a administración israelí se mima o emprendimento e a innovación. Unha xornada magnífica na cidade de Ourense.