17/02/17

Nigrán: Imaxes das actividades no Día do Holocausto

Por iniciativa e xestións de AGAI e coa magnífica receptividade e colaboración do Concello de Nigrán, tiveron lugar diversas actividades na vila para celebrar o Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto.

Unha exposición titulada "Galegos en Mauthausen", a inauguración dun monolito cunha placa en memoria do veciño de Nigrán Jaime Martínez, morto no campo nazi de Mauthausen e como colofón unha charla-coloquio a cargo de Francis Papiernik, filla de sobreviventes do Holocausto, foros as actividades desenvolvidas este ano.