Como en anos anteriores a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia organiza un
curso imprescindible para o profesorado galego sobre "Ensinar o Holocausto
á mocidade".
Obxectivos:
1. Potenciar a transmisión do Holocausto no ensino a través da
conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto".
2. Estudar o Holocausto xudeu como feito histórico e contribuír á
prevención de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia.
3. Ofrecer ao profesorado participante formación na historia do Holocausto
así como recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Contidos:
1. Introdución e conceptos fundamentais na historia do Holocausto.
2. O Holocausto desde unha perspectiva interdisciplinar.
3. Como ensinar o Holocausto. Pautas e recomendacións.
4. Exemplos prácticos que poñen de manifesto a conmemoración do Día da
Memoria do Holocausto como oportunidade didáctica.
Desde a Conselleria de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, pretendese crear un espazo de
educación e memoria do Holocausto onde propor unha achega transdisciplinar
porque o acontecemento atravesa e implica a practicamente todas as disciplinas
do coñecemento humano. A achega farase fundamentalmente desde a Historia
mediante o coñecemento de feitos e procesos, logo desde a Literatura coa
análise da narrativa dos testemuños dos superviventes; coa Filosofía pensaremos
cómo foi humanamente posible que se concebise e executase a Solución Final, e
finalmente, reflexionarase sobre a idea de progreso vixente en Europa que fixo
cómplice á Ciencia e á Tecnoloxía da aniquilación industrial de seres humanos.
Ponentes:
Xoán Manuel Garrido Vilariño
María Laura Rodríguez Travieso
Óscar Ferreiro Vázquez