O presidente de AGAI, Pedro Gómez-Valadés no Rexistro do Parlamento de Galicia |
Hoxe venres 21 de decembro fixemos entrega no Rexistro do Parlamento de Galicia do escrito coa solicitude dirixida ao Presidente da Cámara e aos voceiros dos Grupos Parlamentares do Partido Popular, PSdG-PSOE, En Marea e Bloque Nacionalista Galego para que co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto do ano 2019 e que por mandato de Nacións Unidas conmemórase todos os 27 de xaneiro, o Parlamento galego aprobe unha solemne Declaración Institucional. Lembrar que dende o ano 2006 - data de constitución da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI)-, todos os anos presentamos o devandito escrito no Parlamento.
www.amizadeconisrael.org