15/11/16

Información sobre as mocións de boicot a Israel nos nosos Concellos



-As Entidades Locais carecen de competencias para aprobar e levar a cabo boicots.
-O boicot vulnera o principio constitucional de neutralidade na xestión dos intereses públicos
-O boicot a Israel ataca aos principios constitucionais de non discriminación, vulnera o dereito á liberdade de expresión e á igualdade ante a Lei.
-O boicot ignora o principio de non discriminación da Lei de Contratos do Sector Público, e das Directivas da Unión Europea sobre contratación pública.
-A campaña de boicot non está dirixida só cara a Israel, senón cara a artistas, académicos, persoas e empresas que teñan relacións por tenues que sexan con Israel, ou cara a quen simpatice con ese  país, quen son obxectivo do boicot salvo que renuncien ás súas opinións e asuman os obxectivos da campaña.
-Aínda que a campaña de boicot invoca o Dereito Internacional, non existe nin unha soa resolución obrigatoria das Nacións Unidas que condene a Israel. Só declaracións ou recomendacións da Asemblea Xeral, un órgano con competencias en orzamento e recomendacións.
-Os boicots esixen a autorización do Consello de Seguridade da ONU. Na Unión Europea, non poden adoptarse sen unha Posición Común do Consello.

Para máis información non dubides en contactar con nós no teléfono 610 424 174 ou ben no correo: amizadeconisrael@yahoo.es.