03/04/16

Xerusalén: "Onte / Hoxe"

Xerusalén hai 100 anos. Elkana Steinmetz, directora da Sociedade para a Restauración e Desenvolvemento do Barrio Xudeu abriu o seu arquivo e mostrou ao público algúns dos seus fermosos tesouros.

"A verdade é que ate hoxe estas imaxes non foran nunca feitas públicas," contou Steinmetz nunha entrevista no xornal Ynet. "Mais agora, decidímonos ofrecer estas imaxes a xeito de "vello-novo",. 

Entre as imaxes do arquivo, pódense ver imaxes de nenos da familia Frieman na varanda da espectacular Sinagoga Hurva no barrio xudeu cunha vista espectacular de Xerusalén no fondo. Imaxes de Yitzhak Rabin na cidade, fotos da arca sagrada da Sinagoga Hurva, e moitas máis.

Entre as misións a desenvolver pola Sociedade para a Restauración que dirixe a profesora Elkana Steinmetz, está a de poder axudar na rehabilitación dos edificios antigos da capital israelí, permitindo que os arquitectos teñan máis información sobre as edificacións e poidan ver coma foron concibidos no momento de seren construídos.