26/03/16

Libro recomendado: "Los judíos en el Reino de Galicia"


Los judíos en el Reino de Galicia” de José Ramón Ónega
(728 paginas - Editora Nacional)

Unha obra monumental documentada sobre a presenza en Galicia, durante séculos, do pobo hebreo, que, como noutros reinos e rexións peninsulares, tivo aquí un contrastado e permanente protagonismo nos sucesos históricos. O tema, practicamente inédito na investigación galega e escaso nas referencias historiográficas españolas, abórdase con seriedade, sentido global e como contribución específica á Historia social de Galicia e á española, a miúdo esquecida dos valores e achegues culturais do finisterre peninsular.

O autor, apoiado en amplas e numerosas referencias documentais, senta a tese da influencia hebrea en Galicia, país que recibiu sucesivas ondas de xudeus perseguidos nos demais reinos hispánicos e que no chan galego gozaron dunha efectiva tolerancia, tranquilidade e trato igualitario, sendo absorbidos pola estrutura social.

Téntase dunha análise rigorosa da achega xudía na conformación antropolóxica e espiritual do pobo galego. A obra recolle as noticias literarias, históricas e mítologicas sobre a Galicia protohistórica e antiga; estuda a traxectoria hebrea no medievo galego con especial referencia ao Camiño de Santiago, prodixiosa vía de comercio e cultura utilizada polos xudeus; profunda na dramática existencia dos judeo-conversos perseguidos pola Inquisición, e no criptojudaísmo, un dos fenómenos sociais máis ignorados e evidentes; descobre a pegada hebrea coa cita puntual dos restos arqueolóxicos, toponímicos e etnográficos deixados polos xudeus no país galego, e finaliza co espectro dos exterminios nazis e a súa incidencia na política antisemita franquista.

José Ramón Ónega naceu en Mosteiro-Pol (Lugo), en 1939. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, cursou o Doutoramento na Complutense. Avogado en exercicio e Técnico da Administración Civil do Estado, foi Profesor da Universidade Complutense. É autor de numerosas monografías no campo do Dereito, Sociología da Inmigración e Dereito de Asilo e Refuxio e de historia. Na esfera política ocupou altos cargos na transición democrática, sendo Gobernador Civil de Zamora e de Biscaia. Fué Director Xeneral de Política Interior no Ministerio do Interior e actualmente é director da representación da Xunta de Galicia en Madrid.
Gran coñecedor do pasado histórico de Galicia, publicou «Os xudeus no Reino de Galicia» (1981), de gran éxito editorial, esgotado aos poucos meses e que foi posteriormente reeditado en varias edicións;
«Odoario el Africano. La colonización de Galicia en el siglo VIII» (1986);
«Pasado, presente y futuro de Pontenova» (1986);
«Perfil histórico, artístico y paisajístico del Concello de Pol» (1988);
«Galería de tipos históricos de las tierras de Pol» (1990); «Nicomedes Pastor Díaz. Un romántico na Corte» (1990);
«José María Díaz Sanjurjo. Un galego en Vietnam» (1991);
«El enigma de José An» (1991), novela histórica; e o «Promontorio dos caraveis mariños» (1999), narrativa, en prensa.
Colabora habitualmente en revistas xurídicas, culturais e de contido histórico e sociopolítico, ademais de en prensa.