04/12/15

Web de Interior: "Stop radicalismo islámico"


O Ministerio do Interior habilita unha web para denunciar aos musulmáns que se están radicalizando

Plan para evitar o radicalismo islamista. Combater a mercadotecnia online de Estado Islámico e grupos islamistas semellantes.


Este plan estratéxico, está coordinado desde o Ministerio do Interior, pero nel van participar até unha ducia de ministerios españois, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, o Centro Nacional de Intelixencia (CNI), a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), así como entidades de carácter social, como a Fundación Pluralismo e Convivencia, entre outras.

Porase en marcha un grupo de traballo nacional que levará a cabo diferentes iniciativas colectivas para tentar frear os procesos de radicalización islamista. O mesmo será apoiado por grupos de traballo locais, nos que tamén estarán involucradas as policías locais e autonómicas (Ertzaintza e Mossos de Esquadra). A intención é que representantes da comunidade musulmá se intégren neste proxecto.

Un dos elementos máis rechamantes deste plan é que se porá a disposición dos cidadáns un número de teléfono, que será atendido en español ou en árabe, para que poidan denunciar anonimamente a individuos ou grupos que estean en pleno proceso de radicalización ou, mesmo, que manifestasen de forma pública ou privada a súa intención de viaxar até países en conflito para tomar as armas ou xa o fixeron.

Aplicación para teléfonos móbiles

A través da aplicación Alertcops, que calquera cidadán pode baixarse no seu teléfono móbil, establécese unha nova opción que permite comunicar condutas extremistas ademais das de intransixentes ou de odio por razón de racismo, xenofobia, crenzas ou ideolóxicas que xa figuraban na aplicación. O cidadán poderá abrir desde o seu móbil un chat co Centro de Coordinación establecéndose así un diálogo on-line a través do cal un operador encherá un formulario. A aplicación está pensada para aqueles que son vítimas ou testemuñas dalgún acto que no ámbito da loita contra a radicalización poderán comunicalo coa opción de se queren ser localizados ou non. Tamén hai un teléfono gratuíto: 900 822 066