13/06/15

AGAI esixe a dimisión de Guillermo Zapata





Guillermo Zapata, é dende hoxe sábado o novo "concejal de Cultura y Deportes del Ayuntamiento de Madrid". Concelleiro nada máis e nada menos que dun area da sensibilidade de Cultura e nada máis e nada menos que na capital de España. 

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI esiximos a súa inmediata dimisión ou ben o seu cese, porque. é imposible de aceptar que alguén coa súa miserable catadura moral sexa quen dirixa e xestione a Cultura no concello da capital do Estado.

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI preguntámonos cal sería a actitude de moitos que hoxe gardan un silencio cómplice se as declaracións do simpatizante nazi Guillermo Zapata foran dirixidas contra calquera outro colectivo e non contra os xudeus.

Vigo, 13 de xuño de 2015