04/01/15

Portal web da Xunta "Holocausto e Memoria".



O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de lembranza ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945, o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau.

En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración deste acontecemento no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de “Día da Memoria do Holocausto e de Prevención dos Crimes contra a Humanidade”.

Ao abeiro da data e como froito dunha vella iniciativa de AGAI perante a Xunta, este ano desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa colaboración do Centro Sefarad Israeltivo lugar unha Xornada enmarcada no programa da Comisión Europea “Europa para os cidadáns” e en concreto na Acción  “Memoria activa europea”. O obxectivo é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do “Día da Memoria do Holocausto” no maior número posible de colexios españois o vindeiro 27 de xaneiro de 2015. Deste xeito, os alumnos colaboran e participan na memoria das vítimas do nazismo nun día internacionalmente recoñecido, pondo así en práctica os coñecementos anteriormente adquiridos e transmitíndoos ao mesmo tempo á súa contorna directa a través dunha actividade escolar.

Na procura deste obxectivo da formación do persoal docente organizouse esta Xornada o pasado 30 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e froito da cal podemos dipor xa dun moi útil portal web con todos os materiais empregados na mesma: 
http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=418