Almog Siloni, de 20 anos, asasinado en Tel Aviv, e Dalia Lemkus, de 26 anos, que foi asasinada a coiteladas na entrada de Alon Shvut, son a décima e décima primeira vítima israelí provocadas polo terrorismo palestino nos últimos seis meses.
A semana pasada, un oficial druso de patrulla de fronteira Jadan Assad, de 38 anos, e o rapaz Shalom Baadani, de 17, foron mortos cando un terrorista palestino embestiu con seu vehículo nunha parada do metro lixeiro de Xerusalén. Unha semana antes, Yehuda Glick foi disparado no corazón da Cidade Vella da capital israelí, só unha semana despois do asasinato dunha meniña de tres meses de idade, Haya Zissel Braun, e de Karen Mosquera, de 22, mortos por un terrorista kamikace palestino que tamén lanzou o seu coche contra unha parada do tranvia de Xerusalén.
Mentres dende a Autoridade Palestina non haxa unha condena firme, radical e sen paliativos da actual escalada terrorista, lamentablemente será imposible calquera proceso de paz. Simplemente porque non hai interlocutor con quen confiar.