12/09/14

Tui súmase un ano máis a Xornada Europea da Cultura Xudía

Ruas do barrio xudeu de Tui

Menorah gravada na pedra no interior da Catedral de Tui


A Xornada Europea de Cultura Xudía celébranse un ano máis en Tui desta volta baixo a lema "Muller e xudaísmo". Comezan hoxe venres coa inauguración da mostra "Pasos de area", ás 19 horas na Sala Municipal de Exposicións, e un miniconcierto a cargo de Juan Carlos Vázquez e a soprano Indra Sesti dei Lucca. Ambos artistas interpratarán as pezas "Pasos de Area" e "Pasos doutros siecolos", de Margalit Matitiahu (en lingua xudeo-española), ademais de "O lumbroso", de Schulamith Halevy (en castelán) e "Follas de Cantiga", de Uxío Novoneyra (en galego).

Visitas guiadas

Ás 21.30 horas comezará unha visita nocturna guiada a cargo do historiador Suso Vila, con saída da Porta da Pía.

No programa de mañá sábado Suso Vila guiará ao público na visita que comezará ás 12 horas no Museo Diocesano de Tui para dar a coñecer os sambenitos, testemuños xudeus que pertencen á catedral de Tui. O historiador tamén acompañará aos participantes na visita guiada que terá lugar o domingo, día 14. ás 12 horas, para mostrar os diversos testemuños da importante presenza xudía na cidade, con saída dende a Praza do Concello e remate en Riomuiños.

A presentación destas actividades contou coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da concelleira de cultura Vanesa Rodríguez, o historiador tudense Suso Vila e o artista Juan Carlos Vázquez.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é dar a coñecer e pór en valor o importante patrimonio que representa a cultura xudía na cidade tudense, como onte púxose de manifesto. O rexedor Moisés Rodríguez comentou os moitos visitantes que chegan a Tui para coñecer esta pegada histórica que deixaron os xudeus e indicou que proseguen os trámites para que a cidade forme parte da Rede de Xudarías Españolas xunto a Ribadavia e Monforte de Lemos..