Manuel S.Pérez Millos sostén nas mans os restos dun Qassam disparado contra Sderot |
Por Manuel S.Pérez Millos
En relación ao seu artigo publicado no xornal La Voz de Galicia do pasado día 2 de agosto titulado "O OUTEIRO DA VERGOÑA"
Coñecida -e recoñecida- a súa vocación pola Historia, non
lle parece unha deturpación falar de que “cada vez que
hai un bombardeo indiscriminado da Franxa de Gaza, como no 2002, 2006, 2008,
2009, 2012 e agora no 2014” (sic.) sen mentar os feitos que desencadean a
acción militar israelí? Penso, e coido que vostede tamén, que o traballo do
historiador é ser cronista obxectivo dos acontecementos, ainda que sen perxuizo da análise subxectiva, e nunca agochar parte das causas. Cómo é que vostede,
conspicuo divulgador e investigador, alude a que Israel naceu no 1948, así, sen
máis? Non sabe que Israel nunca deixou a súa terra, senon que foi expulsado do
territorio no que naceu e morou durante moitos séculos (aprox. dende o 1.400 a.C.), alá
entre os anos 70 e 135 da nosa era? Xa que logo, non sería máis propio falar
dun renacemento ou dun retorno? Será que non interesa entrar en tales
miudezas?
Miguel Anxo Murado |
Di que a xente de Sderot xúntase a mirar a guerra coma si fose algo
semellante a un espectáculo sen risco algún para o espectador. Pódese crer
semellante disparate? Non podía faltar nun latricar israelófobo a insidiosa
distinción armamentística: os israelíes mandan contra os palestinos, según
vostede, “as bombas e os mísiles”; os da “resistencia palestina” botan
foguetes...caseiros que non matan, máis ben divirten (por certo, esas “algunhas
persoas” que morreron, ¿morrerían, segundo criterio de vostede, de risa na
verbena amenizada polos pirotécnicos de Hamas?) Xa que son tan inofensivos polo
rudimentario, ¿qué tal se Vde. vai a vivir un tempiño a Sderot, eso sí, sen
usar nunca ningún refuxio anti-bombardeo? Suxírello quen estaba precisamente en Sderot un día no que tivo lugar un bombardeo no que caeron na vila tres Qassam, e mesmo colleu nos brazos un deses “anacos de foguetes
caseiros”... que non fan dano algún; só matan e
destrúen.