Ainda que xa nun primeiro momento, nada máis producirse o brutal atentado, desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI emitimos un comunicado de condena e fixemos tamén chegar a nosa condolencia ao Museo Xudeu de Bruxelas, aproveitando a visita dun grupo de socios de AGAI a capital europea, AGAI fixo entrega hoxe á mañá directamente ao Presidente do Musée Juif de Belgique Sr.Philippe Blondin dunha carta oficial de condolencia.
Desde AGAI queremos agradecer ao Sr.Philippe Blondin pola súa amabilidade e tamén moi especialmente ao Sr.Philippe Pierret, Director de Conservación polas súas xestión que fixeron posíbel a entrega, e a visita da delegación de AGAI ás instalacións do Museo a pesar de estar este ainda pechado desde o día do atentado.