17/03/14

Deica sempre Jaime Vándor

Hoxe recibimos desde Barcelona a triste nova do falecemento de Jaime Vándor. Socio de Honra de AGAI 

Jaime Vándor foi sobrevivente da Shoah no gueto de Budapest, desde onde coa súa nai e o seu irmán foron salvados polos diplomáticos da Embaixada española en Hungria Angel Sanz Briz e Giorgio Perlasca da deportación masiva dos xudeus húngaros cara ao campo de exterminio de Auschwitz-Biskenau. 

Após a súa fuxida de Budapest estableceuse definitivamente en Barcelona cidade o onde desenvolveu unha incansable labor pedagóxica sobre o Holocausto e a cultura hebrea nos seus moitos anos de docencia no departamento de Linguas Semíticas da Universidade de Barcelona, ademais dun brillante labor intelectual a través da escrita con ensaios e poemarios publicandos entre 1989 e 2013. Foi fundador no ano 1957 da biblioteca xudía de Barcelona que dirixiu até 1967. Xunto con Roser Lluch fundou hai máis de 30 anos a Associació de Relacions Culturals Catalunya-Israel coa que non deixou de estar involucrado. 

Para a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI foi unha honra poder contar co seu apoio e compromiso aceptando ser socio de Honra de AGAI xunto a Gustavo D.Perednick e Pilar Rahola

Desde a Xunta Directiva e no nome de todos os socios e socias de AGAI queremos transmitir especialmente a Victoria, a súa dona, o noso profundo pesar e o noso afectuoso cariño

Que a terra lle sexa leve Don Jaime

Vigo 17 de marzo de 2014