28/02/14

Mayumana en Vigo e A Coruña


O grupo israelí Mayumana estará no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo os días 11 e 12 de marzo e 14 e 16 no Teatro Colón de A Coruña para presentar o seu último espectáculo «Racconto». Neste espectáculo, a compañía israelí reúne os ingredientes que a converteron nun dos grandes referente escénicos mundiais. Con «Racconto», Mayumana conmemora os seus quince anos, nos que logrou atraer a máis de sete millóns de espectadores nos grandes escenarios do mundo. Para a presentación en España de «Racconto», foi Andreu Buenafuente o encargado de adaptar o guión ao humor español, ademais de ser a voz en off que enlaza as imaxes de vídeo e os diferentes números. Este espectáculo é unha celebración chea de ritmo, movemento, teatro, música, danza e bo humor, ao estilo do Mayumana máis puro e orixinal. A compañía israelí aúna neste espectáculo os mellores ingredientes de shows que xa se viron en Galicia como Mayumana ou Momentum pero tamén de espectáculos que non visitaron nunca o noso país como Bejuntos ou BE, ademais de moitos máis números e sorpresas.