26/01/14

TVG súmase ao Día do Holocausto


Como contributo á conmemoración do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto a Televisión de Galicia emite hoxe luns á noite (consultar horario na programación) a maxistral película dirixida por Roman Polansky "O pianista". 

Así mesmo os informativos da TVG prestarán ao longo do día especial atención ao acto que a Knesset (Parlamento israelí) celebrará hoxe no campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos amosar os nosos parabéns á TVG, á nosa televisión pública, polo indubidable acerto que a sitúa ao mesmo nivel das principais televisións europeas.
.