28/11/13

Comunicado: Parabéns á Consellería de Educación e Cultura



COMUNICADO: 

Parabéns á Consellería de Educación e Cultura 

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos transmitir os nosos parabéns pola magnífica iniciativa da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de organizar unha Xornada sobre o ensino do Holocausto dirixida á comunidade docente galega Xornada esta que terá lugar mañá día 30 de novembro e que fica inserida no amplo proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014" e que está organizada coa colaboración do Centro Sefarad-Israel 

Desde AGAI queremos salientar que a data do 27 de xaneiro é a sinalada por Nacións Unidas como Día Internacional de Recordo ás Vítimas do Holocausto xa que foi un 27 de xaneiro de 1945, cando o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. Lembrar tamén, que o Estado español recoñeceu oficialmente a conmemoración coa publicación do Real Decreto 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e de Prevención dos Crímenes contra a Humanidade".

Conseguir introducir a pedagoxía da memoria do Holocausto no noso sistema educativo precisa da imprescindible colaboración do profesorado galego, para isto, esta xornada que terá lugar mañá día 30, pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática. 

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI saudamos esta magnífica iniciativa da Consellería de Eduación e Cultura da Xunta de Galicia e facemos un chamado a súa continuidade en anos vindeiros. 

Vigo, 29 de novembro de 2013 .