25/09/13

A miña chegada...


Por Hamutal Rogel Fuchs*

España sempre pareceume un interesante lugar, por unha banda, é Europa, está próxima a África e é mediterránea, por outra, ten unha rica historia, unha mestura de culturas e tradicións que se traduce en diversidade artística, lingüística, gastronómica, etc., un pouco coma Israel, non?

En Israel, España en primeira instancia significa fútbol, viño e paella pero, tamén existe esa sensación, difícil de describir, de que os españois son como nós e que compartimos bastantes máis cousas das que nos puidese parecer a primeira ollada.

De modo que, cando xurdiu a posibilidade de desenvolver a miña seguinte misión diplomática en España, entusiasmoume a idea e só despois fun consciente do reto que supuña o meu novo cargo como Portavoz.

Certamente, pouco máis de mes e medio neste país é pouco tempo para ningún balance pero, o que si podo dicir é que sinto que moitas das ideas sobre as que escribín unhas liñas máis arriba, e que me trouxen comigo desde Israel, non son equivocadas. Somos decididamente moi parecidos aínda que, ao mesmo tempo, o centro das preocupacións de España e de Israel non poden estar máis distanciados: para uns a crise económica, para outros a crise rexional. A pesar diso, o certo é que tanto israelís como españois estamos a pensar en política, nos retos aos que se enfronta a clase media e no fútbol.

Agardo que a miña estadía en España (ademais de axudarme a mellorar o meu español) me brínde a oportunidade de gozar das nosas semellanzas e de traballar coas nosas diferenzas desenvolvendo moitos proxectos xuntos, todo o diversos que podamos, para achegarnos e coñecernos cada día un pouquiño máis e construír así cada vez máis pontes entre os nosos países.

Hamutal Rogel
Portavoz da Embaixada de Israel en España