16/05/13

Os retrógrados teñen algo bó




Por Maribel Ferreiro Rodríguez*

Que defensores de toda canta tiranía hai polo mundo adiante poñan o berro no ceo porque vai a cantar unha rapaza a Santiago ten algo bó; é clarificador. Recapitulemos; en Irán aforcan aos homosexuais de grúas, o seu equipo nacional xogou en Compostela, e ningúen dixo nada. A satrapía castrista leva décadas con consulado alí e de novo ningúen dixo nada. E agora ven a cantar unha xudía israelí e de súpeto para esta xente é un sacrilexio, ata aquí podíamos chegar! Curioso. Fagamos unha cousa; o día que todos estos retrógrados apliquen o mesmo baremo a todos os países por igual, daquela pode que merezan algo de atención. Cando prohíban expoñer a un pintor marroquí, danzar a unha bailarina cubana, ou exhibirse a un acróbata chinés. Evidentemente, tratándose de xudeus, os paletos de toda Europa empregan os seus principios marxistas, do Marx sabio; se non lle gustan, teño outros. Tamén, postos a soñar, pode que acaben caendo na conta do patéticos que son, pidan perdón pola súa profunda ignorancia, e acepten, como é normal, que unha muller de Israel ten o mesmo dereito a ser contratada e a actuar aquí como calquera persoa de calquera país do mundo. Porque, de escoitar a ese fato de escurantistas, o único que conseguiremos é que Galicia retroceda un pouco ata aquelas sociedades que eles tanto envexan (de lonxe) e das que, por fortuna, estamos cada vez máis distantes.
* membra da Xunta Directiva de AGAI