24/04/13

Comunicado: "A banalización do Holocausto e o Sr.Beiras"

 


Hai uns días, concretamente o pasado mércores 17 de abril, desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI vímonos na obriga de ter que emitir este COMUNICADO.
.
Hoxe 24 de abril, foi o deputado Xosé Manuel Beiras, portavoz parlamentar de AGE o que incurriu nunha inxustificable banalización do Holocausto ao comparar aos seus rivais políticos cos nazis.
.
O portavoz de AGE proclamou hoxe aos medios e sen ningún rubor, que “o PP actúa como actuaban os nazis cos xudeus”. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI non podemos menos que rexeitar estas manifestacións do portavoz de AGE, flagrante e nidia banalización da Shoah.
.
Resulta ademais irónico escoitar estas palabras na boca do sr.Beiras cando lembremos que este ano 2013 o Parlamento de Galicia non puido emitir unha Declaración Institucional co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto precisamente pola negativa, polo veto inxustificable do grupo parlamentar que preside o propio sr.Beiras (VER COMUNICADO)
.
Vigo, 24 de abril de 2012