A Federación Galega de Municipios e Provincias-FEGAMP, como xa fixera o ano pasado, súmase este ano á conmemoración internacional do Día de Recordo das Vítimas do Holocausto.
A Declaración Institucional aprobada pola FEGAMP ten este ano un valor aínda maior se cabe, dado o lamentable veto no Parlamento de Galicia que unha declaración semellante sufriu por parte dos grupos politicos do BNG e de AGE.

Pódese ler e descargar a Declaración AQUI
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos parabenizar publicamente á FEGAMP, nomeadamente na persoa do seu Presidente D.Xosé Manuel Rey Varela, pola súa sensibilidade e respecto pola memoria das vítimas do Holocausto.
Accións e actitudes como a demostrada pola institución que engloba a todos os Concellos galegos, honran non só a dita institución, senón que axudan de xeito fundamental a situar ao noso país no mapa das cada vez máis organizacións e institucións de toda Europa e do Mundo que conmemoran cada 27 de xaneiro, seguindo o mandato das Nacións Unidas, unha data que debe ser un facho aceso na prevencións e na pedagoxía para as novas xeracións. Para que o que unha vez sucedeu nos campos de Europa, non volva a acontecer nunca máis.