O VETO DO BNG E AGE FAI FINALMENTE IMPOSIBLE A CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO HOLOCAUSTO NO PARLAMENTO DE GALICIA.
Despois
de tres anos consecutivos (2010, 2011 e 2012) nos que o Parlamento de
Galicia si aprobou Declaracións Institucionais co gallo da
conmemoración internacional (establecida oficialmente no ano 2005
por Nacións Unidas) como fan todos os Parlamentos de Europa así
como os diferentes Parlamentos autonómicos e o Congreso e Senado,
este ano o veto inxustificable por parte de AGE e BNG fixo imposible
a unanimidade regulamentaria necesaria para que o noso parlamento se
puidera sumar un ano máis a conmemoración.
Salientar
a contradición do BNG negándose a aprobar un texto de declaración
idéntico ao que si aprobaron nos anos 2010, 2011 e 2012.
Desde
AGAI
lamentamos este veto que representa un paso atrás, e facemos votos
por que este erro non se volva a repetir na cámara que representa a
todas as galegas e galegos. E que a conmemoración e a memoria do
asasinato industrial de millóns de seres humanos durante o
Holocausto nazi (centos deles galegos agora desprezados e ignorados)
non volva sufrir un veto inxustificable no noso Parlamento.
Desde AGAI queremos agradecer publicamente as xestions en especial da Presidenta da Cámara, Sra.Pilar Rojo así como dos G.P.do PPdG e do PSdG-PSOE que tentaron sen éxito e reiteradamente evitar o veto.
Desde AGAI queremos agradecer publicamente as xestions en especial da Presidenta da Cámara, Sra.Pilar Rojo así como dos G.P.do PPdG e do PSdG-PSOE que tentaron sen éxito e reiteradamente evitar o veto.
Vigo, 6 de marzo de 2013