26/01/13

Comunicado de Prensa



AGAI SOLICITA DO PARLAMENTO DE GALICIA QUE NON RETRASE A APROBACIÓN DA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO DÍA DE RECORDO DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

AGAI pide aos grupos parlamentares e a Presidenta da Cámara, Sra.Pilar Rojo, que non adien a súa aprobación e dean lectura da mesma como xa se fixo nos nos tres últimos anos (2010,2011 e 2012) da Declaración Institucional pola que o Parlamento galego súmase a conmemoración internacional (por mandato de Nacións Unidas) do Día de Recordo e Homenaxe ás Vítimas do Holocausto (centos delas galegos e galegas mortos no campo nazi de Mauthausen)

AGAI comprende que a axenda parlamentar non fixo posible ate agora aprobar a Declaración Institucional mais solicita que no primeiro Pleno do Parlamento teña lugar a aprobación e lectura da Declaración Institucional.

Vigo, 27 de xaneiro 2013