Este é un artigo ridículo por non dicir outra cousa. Depo Provera é un dos métodos anticonceptivos máis utilizados en todo o mundo e até os nosos días e considerado seguro para as mulleres sas. Centos de miles de mulleres o utilizan regularmente en todo o mundo. Os efectos de Depo Provera durar aproximadamente 3 meses só e non supón ningunha esterilización da muller. Unha muller que experimente efectos secundarios ou que non desexe continuar co anticonceptivo por outras razóns, simplemente decide non recibir outra inxección. É un procedemento estándar para ofrecer anticoncepción, xa sexan pílulas, inxeccións, condóns ou outros métodos, ás mulleres que abandonan o hospital despois de dar a luz e as mulleres etíopes non teñen menos dereito á calidade da atención que reciben outras mulleres. Falar de "esterilización" referindose a un medio de contracepción normal é unha barbaridade máis propia de fundamentalismos que de xornalismo. Na nova da que faise eco o xornal dixital PRAZA ou hai mala fe ou desinformación, algo que en todo caso deberia ser evitado por un medio de comunicación serio.