Unha delegación de AGAI na que participaron varios membros da Xunta Directiva e encabezada polo seu presidente Pedro Gómez-Valadés foi recibida o pasado venres pola Vice-Alcaldesa de Jerusalem, a Sra.Naome Tsur.
A
delegación galega visitou Israel durante 15 días percorrendo diferentes
lugares de Israel e visitando ademais do Concello de Jerusalem a
Knesset (Parlamento) da capital israelí.
Durante
a recepción oficial que tivo lugar no salón de plenos a Vice-alcaldesa
manifestou a súa satisfacción pola visita da delegación galega e
insistiu na necesidade de estreitar lazos entre a capital israelí e a
capital galega. Jerusalem e Santiago de Compostela. Como dúas cidades
universais destino de millóns de peregrinos e visitantes de todo o mundo
Pedro
Gómez-Valadés fixo entrega a sra.Vice-alcaldesa dun fermoso libro (en
galego, español e inglés) sobre Galicia, así como varios dvds e
publicacións editadas pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI