22/10/12

Proxecto educativo e cultural sobre as xudarías de Galicia



Desde a ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL-AGAI aprácenos informar da sinatura do protocolo de actuación cultural "Sefi, o amigo de sefarad. Aventuras pola rede de xuderias galegas". Protocolo que estará dirixido aos rapaces galegos das vilas de Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos e sinatura do cal terá lugar mañá mércores en Ribadavia. Participan conxuntamente neste protocolo a Cámara de Comercio España-Israel, os concellos de Ribadavia, Monforte de Lemos e Tui, o Centro Sefarad-Israel e a Rede de Xuderías de España – Camiños de Sefarad.

Este proxecto ten como finalidade dar a coñecer as xuderías galegas en canto ao patrimonio histórico, artístico e cultural así como a convivencia entre xudeus e cristiáns galegos durante moitos séculos, así como a súa forma de vida e cultura. Dito proxecto trata de afondar nunha parte importante da historia do noso País nunha época na que os xudeus formaron parte activa da historia das nosas vilas e cidades, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico, científico e cultural ate a súa expulsión polos Reis Católicos.

Este proxecto ten un enfoque didáctico e moi entretido, no que os rapaces poidan coñecer e experimentar por medio dun xogo interactivo unha parte da historia de Galicia descoñecida para grande maioría dos galegos.

A sinatura de protocolo terá lugar na vila de Ribadavia, o vindeiro mércores 24 de outubro de 2012 ás 13:00 na Casa do Concello coa presenza dos respectivos alcaldes.

Para os Concellos de Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos a participación nesta iniciativa é unha oportunidade para participar na promoción do seu patrimonio cultural e afondar nunha liña de traballo na que levan anos realizando un labor de difusión a través das actividades que realiza por medio das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que anualmente se celebran nas tres vilas galegas. A incorporación a este proxecto educativo reafirma o papel que as nosas cidades desempeñan neste ámbito.

Por exemplo a cidade de Tui contou, na Idade Media, cunha activa comunidade xudía que segundo a documentación conservada posuía a súa sinagoga, un cemiterio e mesmo unha carnicería. Logo da expulsión dos xudeus en 1492 foi a comunidade conversa a que mantivo acesa a presenza da cultura xudía entre os tudenses salientando a figura do médico e filósofo, de ascendencia hebrea, Francisco Sánchez, nado en Tui no ano 1550 ou o conxunto de “sambenitos” da Catedral, conservados no Museo Diocesano de Tui, unha pezas únicas de principios do século XVII e que testemuñan un proceso inquisitorial contra acusados de practicas xudaizantes.

Logo do acto haberáunha visita á xudaría de Ribadavia, onde se poderá observar o crecemento e dinamización que experimentou este espazo nos últimos anos, con proxectos tan singulares como a Tafona da Herminia, única productora de doces hebreos tradicionais e artesanais da península Ibérica, ou empresas de servizos e restaurantes que preparan pratos sefardís e están acollidos ao programa da Red de Juderías de España.
 
ENTIDADES QUE ASINAN O PROTOCOLO
Cámara de Comercio España Israel
Concellos de Ribadavia
Concelo de Tui
Concello de Monforte de Lemos
Centro Sefarad Israel
Rede de Xuderías de España. Camiños de Sefarad