05/10/12

Israel en verde: Charla-coloquio en Vigo



Charla-coloquio
"Israel en verde: Máis de 100 anos de forestación do deserto"
Mércores 10 de outubro ás 20:00 horas
Hotel México en Vigo, Vía Norte 10
Presenta:
- Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI
Interveñen:
- Enrique Valero, doutor enxeñeiro de montes. Director da Escola de Enxeñería Forestal na Universidade de Vigo
- Laurence Franks, presidente de Keren Kayemet LeIsrael KKL


Keren Kayemet LeIsrael (Fondo Nacional Xudeu) é unha organización non-gobernamental ecolóxica presente en 39 países e cunha historia que se remonta a comezos do século pasado, concretamente ao ano 1901. O KKL é unha Fundación de carácter completamente apolítico que avoga pola utilización eficiente dos recursos naturais e que aposta enerxicamente polo equilibrio sustentable dos mesmos cos avances tecnolóxicos dos nosos tempos. Keren Kayemet LeIsrael é unha Fundación que chegou a España e rexistrouse como tal, no ano 1987 da man de Laurence Franks, o seu actual Presidente.
OBXECTIVOS
Keren Kayemet LeIsrael -KKL en España traballa por e para a consecución de proxectos de marcado carácter ecolóxico. O símbolo por excelencia do noso saber facer é a plantación de árbores, tanto en España como en Israel.
No entanto, o alcance dos proxectos do Keren Kayemeth LeIsrael  non se limita exclusivamente a plantar árbores. En concordancia co seu obxectivo de alcanzar a sustentabilidade ambiental, KKL tamén inviste en proxectos que aseguran o aforro dos recursos enerxéticos naturais e a súa utilización para xerar enerxía limpa e sustentable. É por iso, que a investigación é outro dos alicerces desta Fundación, así como a colaboración e implantación altruista do resultado dos seus estudos en países subdesanvolvidos.
PROXECTOS
- Bosque en memoria de Fernando Múgica, asasinado por ETA. Estes bosques están situados en Israel e no Monte Eldo, perto de Donostia en Euskadi
- Bosque en honra a Catalunya e en especial á figura de Jordi Pujol en Jerusalem en 1987
- Homenaxe a Pilar Rahola mediante a plantación dun Bosque que leva o seu nome en Israel  
- Homenaxe ao cinco bombeiros cataláns da Generalitat que perderon a súa vida no incendio de Horta de Sant Joan en xullo de 2009, mediante a plantación de dous bosques na súa memoria no municipio catalán antes mencionado e no deserto do Néguev, Israel. Coa plantación de 5000 árbores no Parque Natural Dels Ports, Tarragona, e outras 5000 árbores en Yatir, Israel. Salientar que na cea de homenaxe e recadación de fondos para colaborar na plantación destes bosques participaron figuras como Jordi Pujol, Artur Mas, Josep-Antoni Duran i Lleida, Josep-Lluis Carod-Rovira, Xavier Trias, a grande maioría do Govern da Generalitat, etc 
QUEN SON?
Keren Kayemet LeIsrael (Fondo Nacional Xudeu). é unha organización non gobernamental fundada en 1901, Na actualidade, mobiliza recursos materiais, humanos, tecnolóxicos e financeiros para desenvolver a Terra, facéndoa apta para a forestación, reforestación a agricultura e a vida urbanización. KKL é líder mudial na loita contra a desertificación e as accións para mellorar o medioambiente, plantando bosques, construíndo reservorios de auga, e áreas de turismo e lecer. Todo isto sustentado en programas educativos que promoven o vencello permanente entre o home e a terra na responsabilidade polo coidado ambiental.
En xullo de 2004 a Organización das Nacións Unidas concedeulle a KKL o status de ONG internacional polo seu valioso achegue á humanidade
A Historia continúa até hoxe, a experiencia e o traballo acumulado converten a KKL na entidade verde máis grande e importante de Israel e unha das máis importantes do Mundo. En máis de 100 anos de historia, o KKL  defininiu os seus obxectivos en base ás necesidades de cada época.
Nun principio, todas as enerxías foron postas na adquisición de terras e a transformación de pantanos e desertos en campos fértiles, poboados agrícolas, bosques frondosos e sitios para o desenvolvemento comunitario e a industria. Sumou accións para a investigación agrícola e o desenvolvemento de tecnoloxías relacionadas, dando a Israel un lugar de liderado a nivel mundial neste terreo.
A educación sempre foi unha prioridade para o KKL. Mediante accións educativas concretas, capacitacións docentes, publicacións, concursos e campañas, foise xerando un forte vínculo entre as novas xeracións e a Terra. A colaboración efectiva de centos de miles de persoas, desde todos os recunchos do planeta onde existen comunidades xudías, foi e seguirá sendo o sostén de tan significativa tarefa.