Imaxes da charla-coloquio que tivo lugar o pasado mércores en Vigo e que contou coa presenza de Laurence Franks, presidente do Keren Kayemet LeIsrael-KKL e de Enrique Valero, director da Escola de Forestais na Universidsade de Vigo. O acto ao que asistirin perto de 80 persoas foi presentado por Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI. Previamente durante á mañá, tivo lugar tamén na Escola de Forestais da Universidade de Vigo e organizado por AGAI e UVIGO unha conferencia dirixida á comunidade universitaria e que foi un grande éxito tanto de asistencia (máis dun cento de alumnos) como de participación e interese. Durante a súa estadía en Vigo e froito do interese suscitado pola enorme labor ecolóxica do Keren Kayement, Laurence Franks mantivo entrevistas para diversos medios tanto de radio, prensa e televisión.