28/08/12

Que é a Xornada Europea da Cultura Xudía?



O Día Europeo da Cultura Xudía, que este ano terá lugar o vindeiro domingo 2 de setembro, celébrase en 30 países de Europa. O obxectivo deste día é de organizar actividades relacionadas coa cultura xudía para o público, coa intención de que se dar a coñecer a herdanza cultural e histórica do pobo xudeu en Europa. As actividades son coordinadas pola Asociación Europea para a Preservación e Promoción da Cultura Xudía (AEPJ), o Consello Europeo de Comunidades Xudías, B'nai B'rith Europa e a Rede de Xudarías de España e de Portugal.

A iniciativa tivo lugar por vez primeira no ano 1996 convocada por B'nai B'rith en Estrasburgo, na rexión francesa de Alsacia, debido a que moitos turistas solicitaban poder visitar aqueles lugares da rexión que tivesen herdanza xudía. No ano 2000, creouse unha alianza entre B'nai B'rith, o Consello Europeo de Comunidades Xudías e a Rede de Xudarías de España e de Portugal.

O obxectivo deste día é, de promocionar e dar a coñecer a cultura xudía á sociedade dos países onde se celebra este evento, xa que coñecer a cultura, a tradición e a vida das comunidades que viven nun mesmo país ou cidade axuda a coñecer ao "outro", e desta maneira, refórzase a comunicación e o diálogo entre as culturas de Europa.

Este día organízanse exhibicións, concertos, paneis, conferencias e excursións en moitos países europeos. Discútense temas como os barrios xudeus, a convivencia entre culturas, exhibicións sobre artes, prensa, música e obxectos relixiosos xudeus.

Máis información: