Desde
a Asociación
Galega de Amizade con Israel-AGAI
queremos manifestar e facer pública a nosa máis enérxica condena da brutal
represión que a ditadura Siria está a levar a cabo contra a súa
propia poboación. Porque non se trata dun conflito entre dous estados ou
comunidades, senón unha represión levada a cabo por un goberno
ditatorial contra os seus propios cidadáns. Sistemática, brutal e
coa escandalosa indiferencia de Occidente, onde amplos sectores dos medios de comunicación e da sociedade civil teñen a pel moi fina para segundo qué conflitos internacional, ainda
infinitamente máis complexos, mais fican curiosamente alleos, ou
mesmo asinten cómplicemente, mentres Bashar al-Assad e a súa
maquinaria de terror masacran impunemente a súa poboación.
Neste
contexto vimos de coñecer a situación da cidadá siria Fadili
Chami, veciña da Coruña. A señora Chami ven de encetar unha folga de fame
para tentar chamar a atención da opinión pública galega sobre as atrocidades que se están producindo
no seu país de orixe. A súa acción atopa á indiferenza coma resposta,
coma é habitual cando o destinatario da indignación selectiva non é
Israel, os Estados Unidos, ou algún outro país occidental. Non
hai "frotas da liberdade" cara Siria, como non as houbo cara Libia, nin equiparacións banais coa Shoah, nin
ningunha das performances tan habituais ás que nos teñen xa afeitos
aqueles "solidarios selectivos" tan
dados á indignación selectiva.
.
.
Descoñecemos por completo
a posición da Sra. Fadili Chami sobre as causas que nos defendemos, e mesmo é probábel que
sexa contraria, máis desde a AGAI queremos ainda así facer pública a nosa
total solidaridade con ela nestes duros momento. Coñecedores tamén do
falecemento do seu curmá, facémoslle chegar tamén o noso pésame.
Mentres
haxa un só ditador no mundo haberá motivos para a indignación.
Cando ademáis as atrocidades deses ditadores non son quen de provocar
sequera unha mínima solidaridade en Occidente, ademáis de
indignación, no noso caso sentimos vergoña.
Vigo, 31 de agosto de 2012