21/07/12

Imaxes da Exposición en Sada



A Concelleira de Cultura, Almudena Pena e o autor Daniel Candal na inauguración.  

Onte xoves 19 de xullo ás 12 do mediodia, foi aberta ao público no Concello de Sada unha exposición fotográfica patrocinada pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI do fotógrafo galego Daniel Candal. A exposición fica instalada nunha fermosa capela restaurada en pleno centro da cidade. No acto de inauguración estivo presente o alcalde Ernesto Anido quen tivo unhas palabras emocionadas na súa intervención, así como coa concelleira de Cultura Almudena Pena e co xefe de prensa do Concello de Sada, Jose Luís Alvarez Conde.

O acto foi presentado en representación de AGAI polo escritor e socio Joao Guisan Seixas.  Aos numerosos asistentes á inauguracion foilles tamén entregado o comunicado de condena emitido pola nosa asociación por mor do recente atentado terrorista en Bulgaria e que custou a vida a 6 cidadáns israelies

O horario para poder visitar a exposición, que permanecerá na Capela de San Roque ate finais de mes, é de 10.00 a 14.00 de luns a venres e de 18.00 a 20.00 horas os sábados.