16/09/11

Sr. Barreiro, non é certo



Por Manuel S.Pérez Millos*


Despois de lido o artigo asinado por D. Xosé Luis Barriero Rivas, na Voz de Galicia do 14 dos correntes, coido pertinente saír ao paso da esperpéntica concatenación de disparates que nel se verquen e, mesma e públicamente, denunciar a moitas falacias contidas no tal escrito. A elo engado o meu enorme desacougo ao constatar que persoas tidas por conspícuas nos eidos da intelectualidade, do ensino e da gobernanza, sexan quen de dicir cousas tan graves sen coñecelas ou contrastalas, agás que haxa, tras delo, algúns outros motivos menos honrosos. E esta última posibilidade é cousa que, de entrada, desboto absolutamente no caso do Sr. Barreiro Rivas. O asunto, D. Xosé Luis, é que, as súas acusacións contra do Estado de Israel:
1º.- Non é certo o dos “sesenta años de injusticias, masacres, xenofobia y usurpación” que vostede, tan gratuita coma inxustamente, impútalle.
2º.- Non é certo que Israel despreze “las convenciones y valores políticos” comúnmente aceptados no mundo chamado –o que cecáis sexa un sarcasmo- civilizado.
3º.- Non é certo, a máis de ser unha groseira inxustiza, que Israel proceda a “la sistemática destrucción de infraestructuras y servicios” palestinos.
4º.- Non é certo, por moito que lle pese, que Israel manexe ao seu favor e “por medio de la guerra”, coma di vostede, os equilibrios territoriáis.
5º.- Non é certo, ainda que xente coma vostede, porcuren deformar a opinión da xente pouco informada, que Israel sexa un “Estado étnico-religioso” nin, moito menos, que semellante pantasmada reflicta “la realidad de Israel” .
6ª.- Non é certo que o Estado de Israel sexa “esencialmente agresivo”. Esa é a imaxe irreal e interesada que algúns tratan de dar.
7º.- Non é certo o que vostede afirma canto a que Israel fai “una política a la medida de una comunidad de corte identitario y fundamentalista”.
8º.- Non é certo que Israel sexa un erro, nin que haxa que tolerar a súa existencia.
Se cadra, parézolle demasiado contundente cos meus insistentes e categóricos “non é certo”. Pero podo dicilo porque así é, e podo probalo se vostede quixer. O reto a que faga vostede o mesmo, ou sexa, faga públicos documentos, hemerotecas ou calisquer outras evidencias fiabéis de que o que asegura no seu artigo é verdade.
Namentres, o saúdo coa consideración que me merece.


*Manuel S.Pérez Millos é socio de AGAI. Este artigo foi remitido ao xornal La Voz de Galicia para a súa publicación.