Excmo. Sr. D. Alon Bar
Embaixador de Israel en España e no Principat de Andorra
Nado en Israel (1957), B.A. en Estudos Internacionais e Educación pola Universidade Hebrea de Xerusalén. Embaixador de Israel para España e Andorra desde o 1 de Agosto de 2011.
Traxectoria profesional:
2010 Director Xeral da Dirección de Cultura e Ciencia no Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel.
Desde marzo 2007 até abril 2009 foi Xefe do Gabinete do Ministro de Asuntos Exteriores. En agosto de 2008, Director Xeral para Asuntos Estratéxicos.
Na 58º Asemblea Xeral da O.N.U., foi o primeiro diplomático israelí electo polo grupo de países de Europa Occidental e Outros (WEOG), para o cargo de Vicepresidente da Primeira Comisión da ONU. Participou nos grupos de expertos gobernamentais no Rexistro de N.U. de transferencia de armas convencionais
Entre 2000-2006 estivo a cargo das delegacións israelís ante a Primeira Comisión das Nacións Unidas, así como noutros fórums multilaterais na área de desarmamento e control de armamentos. Durante este período foi membro das delegacións israelís ante a Conferencia Xeral da Axencia Internacional de Enerxía Atómica e encabezou a delegación ante a Conferencia da ONU sobre armamentos menores en xullo 2001.
En 2000 foi Director do Departamento de Control de Armamentos do Ministerio de Asuntos Exteriores.
Entre 1989 e 2000 desempeñou diversos cargos, tanto no seu Ministerio como en embaixadas de Israel: Guatemala, Gabinete do Vice Ministro de Asuntos Exteriores, Conselleiro na Embaixada de Israel en Madrid e tamén no Departamento de Exipto do Ministerio de AA.EE en Xerusalén.Incorpórase ao Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel en 1984 como cadete da Academia Diplomática.Xullo 2011