02/07/11

Quere Amnistía Internacional a liberdade de Gilad Shalit?




Desde Amnistia Internacional veñen de lanzar unha suposta campaña a favor de Gilad Shalit.
http://www.amnesty.org/es/appeals-for-action/cautiverio-1825-dias-fin-sufrimiento-gilad-shalit-familia
.

Pero desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos reflexionar en voz alta sobre a moi curiosa maneira de entender o apoio a Gilad Shalit por parte de Amnistía Internacional

.
Aministía Internacional na súa campaña resalta a situación dos terroristas palestinos presos, ocultando a súa condición de presos en tanto que autores de infinidade de atentados, mortes, e violencia terrorista contra civis. Mesmo xustificando no texto da campaña de AI o secuestro de Gilad, coma se fose unha lexítima represalia por un suposto "secuestro" por parte do Estado de Israel de "inocentes" palestinos.



Na súa campaña piden só que se lle permita comunicarse coa súa família, non o sometan a malos tratos, que non o utilicen como refén e que autoricen que a Cruz Vermella o visite. En ningún momento se pide a súa liberación. Evitase en todo momento a palabra "secuestro" ou "secuestrado". Fálase de que está "recluído". Todas as reivindicacións que se recollen, establécense en virtude do dereito internacional dos prisioneiros de guerra. Estase recoñecendo un status de "prisioneiro de guerra", como se Hamas tivese dereito a telo retido. De feito AI só pide no seu texto que o traten de xeito humanitario, non que o liberen. En conclusión, esta suposta campaña a prol de Gilad Shalit é unha completa perversión.



Realmente está Amnistía Internacional interesada na liberación de Gilad Shalit?



Ou é máis unha vez unha campaña-excusa para poder acusar a Israel?



Lamentábel ocasión perdida por parte de Amnistía Internacional para que ainda que con 5 anos de retraso reclamar a liberdade dun cidadán israelí secuestrado mentres cumpría o seu servizo militar obrigatorio por un grupo terrorista así recoñecido pola comunidade internacional.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI demandamos de Amnistía Internacional a rectificación urxente da súa campaña e a intensificación da presión internacional a Hamas da posta en liberdade de Gilad Shalit.