06/06/11

Comunicado da FCJE


A Federación de Comunidades Xudías de España deplora da sentenza absolutoria do Tribunal Supremo á libraría Kalki
.
A Federación de Comunidades Xudías de España (FCJE) discrepa profundamente da decisión do Tribunal Supremo de absolver ás persoas condenadas pola Audiencia de Barcelona por vender textos na libraría Kalki que incitan á violencia racista en xeral e antisemita en particular.
Os xudeus españois vemos con moita preocupación que a Xustiza española, tan sensible para determinadas situacións, non considere a venda de libros que negan o Holocausto e promoven o racismo contemplado no noso Código Penal como un delito tipificado.
Como acusación particular do caso, a FCJE apoia e alaba a iniciativa da Fiscalía Superior de Catalunya e do Servizo de Delitos de Odio e Discriminación da Fiscalía Provincial de Barcelona, co fin de que se reforme de maneira inmediata o artigo 510 do Código Penal e, deste xeito, garantir a persecución de actividades e actitudes que inciten ao odio e desprezo por motivos de raza, etnia, orixe, relixión, tendencia sexual, identidade de xénero e discapacidade, sen posibilidade de interpretacións xurisprudenciais sesgadas.
A lexislación española en materia de racismo e xenofobia tiña que reformarse antes do día 28 de novembro de 2010 segundo esixía a "decisión marco" da Unión Europea.
Precisamente os dous delitos dos que se absolve aos membros da libraría Kalki son exactamente os que están no mandato: incitación ao odio racial e xenófobo e a negación do Holocausto.

Madrid 6 de Xuño 2011