AGAI comeza un novo ciclo de actividades gastronómicas e culturais co que denominamos I Shabbat Gastronómico que terá lugar en Monforte de Lemos, Lugo, o vindeiro día 11 de xuño
Data: sábado 11 de xuño de 2011
Hora de encontro: ás 12:00 ao pé da Torre da Homenaxe onde principiará un percorrido guiado polo Barrio Xudeu
Lugar: Monforte de Lemos, Lugo
Hora do Xantar: ás 13:30 no Restaurante O´Grelo, sito na rúa Campo da Virxe s/n (Teléfono: 982.40.47.01)
Prezo: 35 € por comensal
.
Menú do 1º Shabbat:
. Adafina, o tradicional cocido de carnes sefardí
. Escalivada con bacallau, berenxenas e lentellas
. Amendoados sefardís
. Macedonia de froitas ao Oporto
. Pan ázimo ou de pasas
. Cafés e licores
. Viños branco e tinto Don Bernardino (D.O.Ribeira Sacra)
.
Eis o mapa en google:
.
A nosa arela é recuperar na nosa Memoria colectiva, as vivencias e a Historia das comunidades sefardís de Galicia. Pretendemos con este primeiro xantar encetar ao longo do ano varios shabbats, xuntanzas entre amigos ao carón da mesa e mantel de AGAI, polas diversas xuderías de Galicia coñecendo o seu pasado histórico e alimentando o alma e a carne coa cociña sefardí dos nosos devanceiros xudeus galegos. Comezamos estes xantares polas lareiras sefardís galegas en Monforte de Lemos. Alí visitaremos os restos da xudería, falaremos do seu pasado e para remate iremos ao xantar do 1º Shabbat gastronómico. Coñecremos entón os costumes alimenticos e as normas para o xantar según a tradición hebrea. Son moitas as receitas típicas para poder cociñar nesa data, pero nós decidímonos para este primeiro xantar por un cocido de carne, a inesquecible Adafina, seguido dunha Escalibada de bacallau con lentellas e berenxenas. Tamén imos disfrutar dos saborosos amendoados sefardís, imprescindibles, e máis unha macedonia de froitas tradicional. O viño é peza clave da cociña xudea e do Shabbat. Serviranse dous viños con D. de O. Ribeira Sacra. Tamén teremos o apoio do pan ázimo, pan de centeo con noces e pasas. E para unha agradable sobremesa na compaña de amigos e manxares temos cafés e licores.
.
O prezo do prato é de 35€ por persoa, que se deberá ingresar previamente facendo constar o nome e número de comensais na seguinte conta bancaria da Asociación
CAIXAGALICIA: 2091 0518 57 3040025495.
O prazo para anotarse e facer o ingreso remata o luns 6 de xuño ás 14:00 horas.
CAIXAGALICIA: 2091 0518 57 3040025495.
O prazo para anotarse e facer o ingreso remata o luns 6 de xuño ás 14:00 horas.
Non é preciso para asistir ser socio de AGAI, podedes facer extensivo o convite a quen poida estar interesado
Bo proveito!
Betéavon!
.O prazo para apuntarse remata o luns 6 de xuño.
.
Se queres asistir podes chamarnos ao teléfono 610424174 ou ben enviar un correo a amizadeconisrael@yahoo.es
.
Non é preciso ser socio de AGAI.