04/03/11

Señores concelleiros: Quedan só 2 plenos


Desde que o pasado 20 de decembro de 2010 foi presentado non Rexistro do Concello de Vigo a solicitude formal de que a cidade, por medio do seu Concello, recoñecera ou enorme mérito humano do doutor Eduardo Martinez Alonso, vigués da rúa Areal, non pararon de chegar apoios e mostras públicas de solidariedade coa proposta.
.
Hoxe, cando falta menos dun mes para a disolución da actual corporación, estamos a só tres plenos de incompresiblemente perder a oportunidade de facer xustiza co doutor Eduardo Martínez e con nós mesmos como vigueses e galegos.
.
Porque xusto é que Vigo recoñeza e honre a labor dun vigués universal en tempos difíciles, durante a Segunda Guerra Mundial, durante o Holocausto.
.
O doutor Martínez Alonso, teceu desde o seu posto como médico na Embaixada Británica en Madrid, unha ampla rede de axuda e refuxio aos xudeus que chegaban a España fuxindo do terror e a barbarie nazi. Movido pola súa grandeza humana e arriscando a súa propia vida, axudou a milleiros de xudeus a atravesar a Península Ibérica en dirección a Galicia, cruzar logo a Portugal, camiño da liberdade e da vida.
.
O noso Alcalde, e con el toda a nosa Corportación como representantes que son de todos os vigueses e viguesas non poden facer ouvidos xordos perante esta demanda xusta que honraria non só ao doutor Eduardo Martínez Alonso, honraríanos a nós como conveciños dunha figura de talla mundial que xa recibiu no ano 1945 pola súa labor durante o Holocausto a Medalla ao Valor do Imperio Británico e que está tamén proposto no Yad Vashem como Xusto entre as Nacións.
.
Chegou o momento de recoñecer a labor humanitaria de Eduardo Martínez na súa cidade natal. E non facelo agora que quedan só tres Plenos municipais onde poder prresentar a proposta, significaría adiar ate quen sabe cando, este recoñecemento que leva xa máis de 60 anos de retraso.
.
Facebook de apoio á rúa Eduardo Martínez Alonso
facebook.com/ruaeduardomartinezalonso