Por Julio Bejar *
Galicia-Hoxe 27.01.2011
.
Escoita, Europa, hoxe dia 27 celébrase por quinto ano consecutivo o Memorial Internacional das Vítimas do Holocausto. A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) ten promovido en todas e cada unha das súas edicións diversas iniciativas encamiñadas a comemorar esa data, na que en 1945 o exército soviético entraba no complexo concentracionario de Auschwitz-Birkenau. Este ano a AGAI, para alén doutras propostas, ven de solicitar ao concello de Vigo que inclúa no seu rueiro o nome do Doutor Eduardo Martínez Alonso, que salvou a vida de centenares de xudeus nunha rede clandestina de foxida.
.
Por que comemorar às vítimas da Shoá?
Por que comemorar às vítimas da Shoá?
.
Ao analisarmos a Shoá apreséntase sempre a necesidade de explicar o irracional en termos racionais. Historicamente, supuxo o primeiro intento por destruir un povo fisicamente até o último dos seus integrantes, como resulta evidente no fúnebre reconto dos números que eran tatuados na pel en Auschwitz codificando as distintas etapas da destrucción da xudearia europea, e no programa rigorosamente sistemático ideado e implementado polos promotores desta forma de tanatopolítica. En apenas tres anos e sete meses foron asasinados seis millóns de xudeus –deles millón e meio de crianzas- e outros cinco millóns de ciganos, homosexuais, testemuñas de Xeová, discapacitados e disidentes. Como sinala Primo Levi en “Se isto é un home”, a própria maneira escollida para exterminar era ostensibelmente simbólica: cumpria usar, e usouse, o mesmo gas velenoso que se utilizaba para desinfectar as estibas dos barcos e os locais infestados de piollos.

Mais o Holocausto non é singular polo número de vítimas en que derivou; Rusia, por exemplo, perdeu arredor de vinte millóns de habitantes durante a 2ª Guerra Mundial. A característica distintiva da Shoá, porén, é a da aniquilación dunha cultura na súa totalidade. A xudearia de Europa do Leste deixou de existir para sempre. A Shoá non ten tanto a ver co número de mortos, senón cunha maquinaria perfeitamente deseñada para eliminar aos xudeus como categoría. Sabido é que Europa non moveu un só dedo durante eses tres anos e sete meses en que a máquina de exterminio funcionou día e noite (e nomeadamente España, o único lugar do continente onde os nazis non chegaron xamáis a seren derrotados militarmente). Europa sempre tivo unha certa ofuscación co exterminio de xudeus; ás veces moderada, ás veces exacerbada, mais de maneira crónica sempre latente: as matanzas ás mans dos Cruzados, a Santa Inquisición, os pogromos rusos do XIX e, finalmente, a Shoá como expresión máis depurada desa civilización capaz de designar nun grupo diferente a ese “outro” a quen violar, saquear e asasinar a vontade.
O odio contra o xudeu é un odio vello e único, rastrexábel nas sociedades paganas e nas relixiosas; en sistemas parlamentarios e sob reximes totalitarios. Durante a Diáspora foron acusados de conspiradores cosmopolitas, e agora que viven nun Estado de seu son tildados de ferozes racistas. Se para seren aceitados renuncian á súa identidade e se asimilan nas sociedades nas que viven, suspéitase que exercen o quintacolunismo; do contrario, acúsaselles de querer vivir isolados en ghettos. Se invisten o seu diñeiro é porque son os amos do mundo, e se o aforran, uns porcos avarentos.

Shylock, o mercader de Venecia, nun belísimo monólogo de Shakespeare, pergúntanos se acaso un xudeu non ten ollos, se non ten mans, órgaos, sentidos, afectos, paixóns? A resposta de Europa sempre ten sido que non, que os xudeus beben o sangue dos non xudeus, que provocan pragas e emponzoñan os pozos, que se reúnen en segredo para ordear a conquista do mundo, que foron os asasinos do mesmísimo Deus. Non hai odio máis antigo e irracional que este contra os xudeus.

Perguntar, portanto, pola causa da Shoá, pola causa da xudeofobia é tan absurdo como perguntar à vítima dunha violación se o vestido que levaba era demasiado atrevido. Ao perguntarmos pola causa da xudeofobia estamos presupondo que a vítima é culpábel sequer en certa medida. Os xudeus foron simplesmente o chivo expiatorio elixido nos anos trinta, os culpabeis do advenimento do nazismo, igual que decimos que o culpábel da expansión yihadista dos nosos dias é o Estado opresor xudeu. O antisemitismo dos nosos días, despois de que en 1948 – tras 2000 anos - a soberanía xudía fose restablecida no territorio histórico de seu, focalízase no Estado de Israel. A principal manifestación do antisemitismo actual é o antisionismo, o intento de deslexitimar ese Estado para impedir que os xudeus se podan defender. A 65 anos de distancia podemos afirmar que a comunidade internacional aprendeu algo tremendamente cruzial do Holocausto: que o asasinato en masa de millóns de xudeus é algo que remata sendo socialmente aceitábel; e os islamistas, nas súas variantes máis esquizoides, son quen mellor teñen asimilado esta lección..
.
É a nosa obriga moral lembrar permanentemente para que aquilo non se repita. Elie Wiesel, supervivinte xudeu dos campos, diz nunha das súas páxinas máis comovedoras: “Nunca esquecerei os rostos pequenos das crianzas, cuxos corpos vin converterse en espiral de fume baixo un silencioso céu azul. Nunca esquecerei esas lapas que consumiron para sempre a miña fé. Nunca ese silencio nocturno que me privou, para toda a eternidade, do desexo de vivir. Nunca”.
Nunca máis.

* Escritor e socio fundador de AGAI