Para celebrar o “Día en Recordo das Vítimas do Holocausto”
AGAI pídelle a Abel Caballero unha rúa que honre ao médico vigués Eduardo Martínez, quen salvou dos nazis a milleiros de xudeus
A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) ven de solicitar do concello de Vigo que o vindeiro 27 do presente mes de xaneiro se sume á celebración do “Día Mundial en Memoria das Vítimas do Holocausto” concedéndolle o nome dunha rúa ou praza ao médico vigués, Eduardo Martínez Alonso, e aprobando unha declaración institucional.
O ilustre doctor converteuse durante a II Guerra Mundial nun personaxe senlleiro, pois dende o seu cometido de axente do servizo secreto británico, e como médico da Cruz Vermella, artellou unha rede que salvou a vida de milleiros de xudeus perseguidos polos nazis.
Nunha carta remitida ao alcalde polo presidente de AGAI, Pedro Gómez Valadés, lémbralle ao máximo mandatario vigués que foi o 1 de novembro de 2005, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou el 27 de xaneiro como Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, baixo os termos recollidos na resolución 60/7. Dende esa data, e en algún caso dende antes da mesma, os países democráticos celebran actos recordatorios programados polos seus Parlamentos, Gobernos e outras institucións autonómicas ou locais.
Polo demais, na solicitude formal presentada no rexistro do concello, AGAI ofrécese ao concello para contactar con supervivintes do Holocausto para organizar o acto que se estime máis convinte, ao entender que “como vigueses e como galegos no debemos esquecer nunca a vergonza e mailo horror da historia colectiva do vello continente europeo ao que pertencemos”.
A Asociación Galega de Amizade con Israel é unha organización plural, inscripta no correspondente rexistro público, que foi fundada en Santiago no ano 2006, que ten o seu domicilio social en Vigo e que conta con preto de trescentos afiliados de todo tipo de ideoloxías, extracción social, nivel de instrucción, ou crenza religiosa. Entre os seus seis obxectivos fundacionais figura o de denunciar e traballar contra a perversa banalizaciòn do Holocausto.
Vigo,13 de Xaneiro de 2011