Congreso Mundial Xudeo
World Jewish Congress
Jerusalem
31 de Agosto de 2010
.
Texto da intervención do expresidente español José María Aznar
.
“ Quixera comezar condenando o desapiadado ataque terrorista perpetrado onte e no que faleceron catro israelís, entre eles unha muller embarazada, preto dun asentamiento xudeu próximo á cidade de Hebrón.
Quixera enfatizar, máis unha vez, o meu claro convencimento de que ninguén debería falar, nin negociar, nin ceder ante o terrorismo.
O único destino do terrorismo é ser combatido e ser derrotado.
Hoxe, como é natural, todos os nosos ollos se dirixen a Washinton DC, onde, sob os auspicios do presidente Obama, o primeiro ministro Netanyahu e o presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, van comezar as conversas tras tantos meses en punto morto.
Malia que non estou seguro sobre a posibilidade de lograr un "acordo histórico" dadas as circunstancias do sector palestino, debemos ser optimistas. Cando menos, o mundo poderá comprobar que o goberno israelí non é o que non quere falar nin o que non está preparado para levar a cabo compromisos.
Debemos ser optimistas, mais tamén prudentes. As expectativas son demasiado altas, e como político sei ben que as grandes expectativas tenden a xerar maiores frustracións. A última vez que os líderes de Israel e da Autoridade Palestina se reuniron para tentar chegar a un acordo pacífico e duradeiro, o resultado da reunión foi precisamente o contrario: unha segunda Intifada moito máis letal que a primeira.
Pero soñemos un intre e imaxinemos que finalmente se consegue o fin da actual situación entre israelís e palestinos. Non só cambiaría o estado de cousas aquí, senón que tamén mostraría a todo o mundo o equivocados que estaban ao culpar a Israel de todas as malas accións da rexión, ou á ausencia dun acordo entre israelís e palestinos coma orixe de toda a violencia desde Marrocos ate o Hindu Kush.
O mundo podería ver que un Estado palestino tampouco aplacaría aos radicais islamistas e yihadistas cuxo obxectivo é establecer unha teocracia fundamentalista, como tampouco diminuiría as ambicións nucleares e revolucionarias do réxime iraníano, os dous verdadeiros responsábeis do futuro da rexión e do mundo.
Sexa como for, deberiamos dirixir as nosas miradas a Washington DC hoxe, non só polas conversas que alí se manteñen, senón por razóns máis profundas. Estados Unidos foi a pedra angular do mundo occidental, expandindo os nosos valores centrais de liberdade, prosperidade e dignidade humana, e protexendo a nosa seguridade fronte aos nosos inimigos. Estados Unidos desempeñou un papel vital e o noso modo de vida depende de que continúe xogando ese papel central no futuro. Algo que, na miña opinión, non está garantido
Como mostra da súa mentalidade árabe, Bin Laden dixo, cando el e os seus compañeiros celebrababan a destrución das torres xemelgas, que se alguén debe escoller entre un cabalo forte e un débil, invariablemente escollerá o forte.
Durante décadas, por non dicir séculos, o cabalo forte foi claramente Occidente. Hoxe, con todo, enfrontámonos a un contrincante.
Hai algúns aos que lles gustaría ver unha nova orde mundial onde as forzas occidentais tivesen un menor papel e influencia, como Rusia ou China, cada unha por diferentes razóns.
Hai outros aos que lles gustaría ter máis influencia, como Brasil ou, últimamente, Turquía.
E, por suposto, están aqueles a os que lles gustaría destruír o noso sistema e impor a súa visión das cousas, como os ayatolás revolucionarios de Irán ou os yihadistas dirixidos ou inspirados por Al Qaeda.
Como colofón a toda esta confusión, nós, en Occidente, estamos atravesando unha das crises económicas máis graves, por non dicir a peor, da nosa historia recente. E malia que a crise é global e afecta a todo o planeta, algúns están mellor preparados que outros para manexar as súas consecuencias. Se a crise dura demasiado, será inevitábel que se produza unha nova distribución do poder. Haberá gañadores e perdedores. Non hai dúbida diso.
Ademais, grandes sectores occidentais están sufrindo unha especie de crise de identidade. Europa é un bo exemplo. Cunha poboación menguante, un aumento da inmigración musulmá −moitos deles expostos a ideas radicais−, o multiculturalismo impúxose como a forma política correcta de manexar o desafío da convivencia entre as diferentes culturas, ate se algunhas delas non desexa integrarse ou non respecta ás demais. Refírome a que os valores xudeucristiáns son desafiados cada día e a xeración do 68 que domina os nosos liderados actuais non fai nada por defendelos.
A Europa pacifista loitou contra Occidente durante moito tempo, e por iso foi tan hipercrítica de Israel. Estados Unidos era outra historia. Cando menos ate hai pouco tempo. O presidente Obama puxo en movemento forzas que, se non son corrixidas, poderían redefinir a nación e o seu lugar no mundo de tal xeito que, na miña opinión, podería causarnos a todos grandes problemas.
Desde a súa investidura buscou unha nova relación co mundo musulmán ate o risco de socavar ao mellor aliado de Estados Unidos na rexión, como fixo con Europa ao perseguir unha nova relación con Moscú.
Parece dedicar máis tempo e enerxía a organizar a reunión de hoxe e a conseguir un novo plan de paz, que a tratar de evitar que o réxime iraníano constrúa a súa bomba.
Proxectou a imaxe de alguén que desexa fuxir dos problemas do mundo, desde Irak a Afganistán, abrazando a moitos inimigos de Estados Unidos á vez que castiga aos seus aliados tradicionais.
Non creo que os crecentes ataques para deslexitimar a Israel non estean relacionados coa crise de Occidente, e máis concretamente, coa crise de confianza que emana da Casa Branca na actualidade. Cando se percibe que o cabalo forte deixou de selo, téndese a actuar de formas impensábeis no pasado.
A nosa debilidade, percibida ou real, é a fortaleza dos nosos inimigos. Podemos queixarnos e aceptar o noso declive sen facer nada, como moitos parecen preferir, ou podemos reaccionar, defendernos e fortalecer os nosos valores.
Eu escollín a segunda opción. Porque creo en Occidente, no que fomos, no que somos e no que podemos ser.
E é aquí onde Israel entra na ecuación. Se os principais desafiantes estratéxicos son un Irán nuclear potencial por unha banda, e o yihadismo pola outra, Israel é vital para nós, para as nosas nacións e sociedades.
Israel non é só parte substancial de Occidente, por todo tipo de razóns que non vou comentar agora, Israel é hoxe esencial para nós. Hoxe máis que antes, non só porque está na rexión onde colisionan as placas tectónicas estratéxicas, senón porque é unha das poucas nacións dispostas a pagar un prezo pola súa supervivencia, unha nación tan imbuída dos nosos valores democráticos centrais que defender o Estado de Israel é o mesmo que defender o noso sistema liberal.
Sobre todo nun momento no que o líder histórico de Occidente, Estados Unidos, está atravesando un tempo de introspección, esgotamento, e por que non dicilo, confusión.
Se Estados Unidos continua desvanecéndose como unha forza do ben no mundo, Israel verase na obriga de desempeñar un papel maior na rexión, e posiblemente, máis aló da rexión.
Defender a Israel, en última instancia, é defender as raíces occidentais, os valores occidentais que moitos en Europa, e algúns en Estados unidos, parecen esquecer. Non están obsoletos. E a mellor proba son precisamente Israel e a súa xente.
Deixar que aumente a deslexitimación de Israel paréceme que é a mellor forma de debilitar non só a liberdade de manobra de Israel, senón de prexudicarnos a nós mesmos fronte aos nosos inimigos, que son os mesmos.
É por iso que hai poucos meses embarqueime xunto con algúns amigos persoais nun novo proxecto chamado Friends of Israel Initiative. Ate ao decatarnos por primeira vez que os soldados israelís estaban interceptando a flotilla rumbo a Gaza, e levantarse a protesta pública en contra de Israel, todos cremos que era necesario que alguén alzase a voz e dixese que xa era dabondo, que os discursos sobre-emotivos e a miúdo irracionais sobre Israel sencillamente non eran aceptábeis, e que deberían ser reemplazados pola razón e a decencia.
Provimos de continentes diferentes e de experiencias persoais diversas. E o elemento crave, creo, é que non somos nin israelís nin xudeus (maioritariamente). Sinxelamente somos cidadáns preocupados, demócratas preocupados.
Por que un grupo de xente tan dispar séntese inclinado a defender a Israel, sabendo que automáticamente seremos estigmatizados? A resposta é moi sinxela: porque vivimos nun mundo onde é indispensábel defender os nosos valores morais, a nosa identidade e a nosa fe nas sociedades democráticas, para construír un mundo mellor e máis seguro.
Estamos afeitos a ver en televisión, e ás veces de cerca, os imperativos e as consecuencias de, déixenme chamalo así, as "batallas duras". Pero ao mesmo tempo, e máis aló de conflitos coma o de Afganistán, hai algo máis que está sucedendo, déixenme chamalo unha "batalla branda". Con isto quero dicir un ataque aos nosos valores centrais, a nosa propia forma de vida.
Para todos os membros fundadores de Friends of Israel Initiative, Israel é un país occidental democrático. É, ademais, un país de futuro, un país de grandes oportunidades.
Decidimos comezar a mover a nosa iniciativa porque todos compartiamos unha sensación de urxencia. Nós, como grupo global, creemos que a nosa mellor contribución é reforzar a posición internacional de Israel. Porque moitos chegaran á conclusión de que quizáis Israel era o vínculo máis débil. Que un Israel criticado, co tempo podería pasar a ser un Israel illado; e un Israel illado podería transformarse nun Estado paria. E nese punto, calquera cousa podería ser posíbel.
É por iso que creemos que deter este proceso de erosión dos dereitos de Israel non só é importante, senón vital: desde logo para Israel, pero tamén para todos os países occidentais. Como escribín nun artigo de opinión publicado en The Times hai uns meses, "Se Israel cae, caemos todos".
Déixenme concluír dicindo unha cousa máis.
O noso obxectivo é ser proactivos e construtivos. Aspiramos a abogar por Israel como un país normal, con todas as virtudes e, si, tamén con todos os defectos dunha sociedade democrática normal. Desexamos que nosa defensa sexa sostenible no tempo.
Normalmente, proxéctase unha imaxe de Israel moi negativa. Queremos, e necesitamos, abrir un espazo para debater a propósito de Israel e a rexión dunha forma máis racional.
Levará moito esforzo e tempo, así como diñeiro. Pero creemos que veremos os resultados. As batallas non se vencen simplemente adoptando unha postura puramente defensiva. Tampouco se gañan batallas si simplemente nos centramos na crise concreta dese momento.
Porque o mundo atravesa na actualidade cambios profundos e rápidos que terán consecuencias duraderas para todos nós, non podemos esperar a actuar.
Estivemos en Paris e en Londres, e en dez días organizaremos unha presentación da iniciativa en Washington DC, o corazón da cuestión. É importante que voces europeas, sobre todo non xudías, participen e traian algo de racionalidade ao debate aquí tamén.
Se queremos vencer aos nosos adversarios debemos empezar a fortalecernos, comezando coa fronte ideolóxica e a batalla das ideas. É aí onde podemos e debemos facer a nosa mellor contribución. E coa súa axuda, farémolo”.

Discurso de José María Aznar