16/06/10

Breaking the Silence: Como mínimo, tendenciosos


Breaking the Silence (Rompendo o Silencio), defínese coma unha Fundación, ainda que realmente está rexistrada como unha empresa (3) e está apoiada por fondos provenientes do exterior (1), que se describe a si mesma como "unha organización de soldados veteranos de Israel dedicada a reunir testemuños de soldados que serviron nos territorios ocupados durante a Segunda Intifada" co fin de "demostrar a profunda corrupción que existe no exército de Israel (IDF)". A organización consiste nun moi pequeno número de membros que airean historias de fallas e erros do IDF nas universidades de Estados Unidos e ofrécenas aos medios de difusión internacionais.

O sitio web de Breaking the Silence proclama que eles "demandan responsabilidade polas accións militares perpetradas por Israel nos territorios ocupados e realizadas por nós e no noso nome" mentres que se negan a reportar estes supostos incidentes ás autoridades correspondentes, e ocúltanse tras un manto de anonimato, encubrindo as súas propias identidades, as identidades doutros individuos implicados, e os datos específicos que permitirían ás autoridades corroborar os seus testemuños " isto sendo que o exército mantén un requirimento xudicial de que todas as violacións das regulacións que resultan en dano a civís deben ser reportadas".

Á pregunta durante unha entrevista de por que a organización non comunica as súas acusacións ás autoridades, o co-director do grupo, Mikhael Manechin (2) respondeu:

"Esa non é a nosa posición. Nós vémonos a nós mesmos como unha axencia mediática. O propósito é xerar debates públicos sobre o que está a ocorrer aquí"(Radio da BBC World Service, 15 de Xullo de 2009)

Iso significa que a misión do grupo non é realmente "demandar responsabilidade" como o indica o seu sitio web, senón demonizar publicamente ao exército de Israel antes de que as acusacións sexan investigadas, como o revela o co-director do grupo. E nisto tiveron moito éxito, grazas aos solícitos medios de difusión interesados en ignorar o código de ética da Sociedade de Xornalismo Profesional - que predica "examinar a precisión da noticia en todas as fontes" - que en cambio difunden unha historia sensacionalista que vilipendia a Israel.

O informe (http://shovrimshtika.org/oferet/english_oferet.pdf) de Breaking the Silence, do 15 de Xullo de 2009, acusou a Israel de crimes de guerra durante a Operación Chumbo Fundido lanzada para terminar cos bombardeos de mísiles de Hamas, en base ao testemuño sen verificar de 26 soldados israelís anónimos que servirían en Gaza durante esta operación.

O informe alega que estas non son as narrativas de soldados delincuentes senón que reflicten abuso "extenso" e "sistémico". As narrativas, alega pretenciosamente o informe, "son suficientes para cuestionar a credibilidade da versión oficial do IDF". Con todo, estes informantes anónimos representan menos do 0.005% dos combatentes do IDF.

En realidade, as súas pretensions provocaron o profundo malestar de outros reservistas, o cal xerou a creación doutra agrupación de soldados do IDF que "senten que é unha profunda inxustiza que outros os representen erroneamente a eles e ao IDF". En resposta, este grupo reuniu e filmou os seus propios testemuños, publicados no seu sitio web chamado Soldiers Speak Out, http://www.soldiersspeakout.com/ (soldados falan). Aquí, a diferenza do que nos contan os de Breaking the Silence, os soldados que dan testemuño dan o seu nome e os seus rostros aparecen na película.

A resposta de diferentes medios internacionais: BBC, Clarín, El País

En marzo de 2009, Ha'aretz cubriu as súas páxinas con varias historias moi sensacionalistas sobre testemuños que segundo dicían os artigos, demostraban atrocidades do IDF -incluíndo matanzas a sangue frío. Estes reportes enviados ao diario foron reunidos por Danny Zamir, director dunha academia pre-militar, quen foi enviado ao cárcere do IDF por negarse a servir na Cisxordania.

"O IDF en Gaza: matando civís, vandalismo, e regras de combate frouxas" proclamaba a primeira páxina no primeiro de varios artigos escritos para Ha'aretz polo correspondente militar Amos Harel. Logo seguiron outras historias condenando ao IDF pola súa conduta na Operación Chumbo Fundido. A historia foi reproducida rapidamente no New York Times o cal describiu: "unha actitude permisiva respecto da morte de civís e a destrución indiscriminada de propiedade".

As acusacións explosivas de matanzas indiscriminadas que apareceron en Ha'aretz e no New York Times resultaron estar baseadas en rumores e unha vez investigadas demostrouse que eran falsas. Á súa vez o New York Times publicou unha historia para corrixir algúns dos erros de reportaxes sen verificar.

As historias creadas por Breaking the Silence son similares ás que foron armadas por Zamir xa que en ambos casos están baseadas en rumores. Pero a anonimato dos que contan estas historias e a ausencia de detalles identificatorios dos casos fan que os testemuños de Breaking the Silence contra o IDF sexan todavia máis dubidosos. Quizais é por iso que tanto o Ha'aretz como o New York Times, queimandos da primeira vez, foron logo máis cautelosos en publicar reportaxes dubidosos desta organización.

Este non é o caso doutros medios de difusión, cuxo afán por desacreditar ao exército de Israel supera calquera cautela xornalística. Por exemplo a BBC esencialemente actuou como axente de prensa do reporte de Breaking the Silence. O sitio web da BBC inclúe catro artigos diferentes:
1) un artigo sobre o informe
2) unha copia completa do informe
3) un artigo separado que contén citas do informe
4) unha análise do correspondente Paul Wood no que este trata de imbuír ao informe de credibilidade.

Escribe Wood:
"A acumulación de detalles é convincente, e para os criticos de Israel, condenatoria" Pero Breaking the Silence ten unha longa- e para moitos, crible-traxectoria en conseguir que os soldados israelís conten experiencias que non son favorables ao exército".
O artigo trata de reforzar as alegacións de que Israel é culpable de crimes de guerra por usar a palestinos como escudos humanos. Empeza por citar a un palestino que alega ter sido usado como escudo humano por soldados israelís, e logo ditamina que "este mesmo incidente foi descrito por un soldado israelí que falou con Breaking the Silence". Wood suxire que porque a alegación é similar e por tratarse de alguén que di ser un soldado israelí que estivo alí (o cal non é verificado independentemente), trátase dunha historia que debe ser verdadeira.

En realidade, este testemuño non foi a experiencia orixinal deste soldado senón que o soldado cita un rumor. Ademais, esta historia foi negada polo oficial da Brigada Golani que dixo que unha investigación da conduta da brigada durante a guerra demostrou que ningún incidente deste tipo sucedeu. Con todo, o persoal da BBC decidiu promocionar a narrativa de Breaking the Silence sen investigar a veracidade do contido.

En forma similar, o correspondente de Clarín en Xerusalén, Shlomo Slutzky, se explaya no seu artigo do 16 de Xullo sobre os testemuños no informe de Breaking the Silence. En ?Soldados israelies admiten que usaron a nenos como escudos", Slutzky cita a "un soldado" e "os soldados", sen admitir que non ten os seus nomes e non corroborou os seus testemuños:

"Cada vez que tiñamos que entrar nunha casa mandabamos primeiro a un 'Johnnie' para comprobar que non había homes armados dentro", conta un dos soldados, explicando que o sobrenome se refería aos palestinos usados como escudos humanos por parte do Exército israelí. Segundo os testemuños nesta práctica utilizábanse a miúdo nenos. A Corte Suprema de Israel declarou ilegal esa práctica xa en 2005. "Apenas se nos deu información sobre como actuar nas poboacións civís", afirma un deles deixando entrever a falta de directrices sobre os obxectivos militares ou a finalidade das operacións. "Moitas veces disparabamos sen ver ao inimigo diante dos nosos ollos", coinciden moitos soldados nos seus testemuños.

O xornalismo responsable non utiliza este tipo de información anónima, pero aparentemente para Slutzky e Clarín o xornalismo responsable non importa no caso de Israel.

Slutzky escribe que na Operación Chumbo Fundido, "morreron 1.400 palestinos, na súa maioría civís" cando en realidade, segundo a investigación oficial do IDF, as mortes en Gaza foron de 1.004 a 1.166 palestinos dos cales 709 foron identificados como militantes. Estes números son moi diferentes aos provistos por PCHR (Palestinian Center for Human Rights) e outras axencias palestinas que son as únicas que Slutzky usa sen cuestionamiento algún.

Juan Miguel Muñoz no seu artigo Desertores de conciencia no xornal El País do 16 de xullo, tamén se apresura a ofrecer o informe de Breaking the Silence sen ofrecer ningunha verificación dos testemuños.

"Un grupo de 26 militares que participaron na guerra de Gaza o inverno pasado relatadron á ONG Breaking the Silence (Rompendo o silencio) as atrocidades perpetradas polo Exército israelí nunha campaña deseñada para non sufrir baixas".

Xa desde o primeiro parágrafo Muñoz tachou as accións do exército Israelí como "atrocidades", sen proporcionar máis proba que o informe dubidoso desta ONG.

Do mesmo xeito que Slutzky, JMMuñoz cita as baixas da guerra: "Un total de 1.400 palestinos perderon a vida en 22 días de contenda, unha gran maioría civís", sendo que estes números, como se explica arriba, non son correctos.

O artigo de Juan Miguel Muñoz non escatima en detalles citando o informe, con todo, unha reportaxe baseada en rumores, sobre soldados que non denuncian as súas queixas para a investigación correspondente, é escaso material para un artigo xornalístico calquera que sexa o seu tema. Seguramente Muñoz non escribiría un artigo sobre calquera outro exército con información fornecida por soldados anónimos que nin sequera el entrevista.

El País continúa publicando artigos sobre Israel e o Oriente Próximo que violan a confianza que os lectores depositan nese xornal.

Cos gobernos de Inglaterra e de España subvencionan alegacións dun grupo tendencioso (a embaixada inglesa en Israel subvencionou o informe de Breaking the Silence) e os medios de difusión ingleses do mesmo xeito que El País axudou a publicalos, a opinión pública debe ser conciente de que as noticias emanadas destes medios poden estar mediadas por intereses alleos ao meramente informativo.

Unha historia central na radio da BBC (World Service News) do 16 de xullo, tamén presentou o informe de Breaking the Silence na voz de Dan Damon. Cando o voceiro de Israel, Mark Regev cuestionou a credibilidade dos testemuños sinalando que o reporte "nin sequera exhibe os estándares mínimos do xornalismo convencional", Damon exasperouse e tratou de defender a validez do informe, concluíndo:

"Un pode dicir, eu supoño, que, ben, non temos evidencia, non hai integridade xornalística en todo isto, pero a xente si vai crer que estes foron testemuños reais de soldados reais".

(1) Fondos dos gobernos de Inglaterra, España e Holanda como así tamén de diversas organizacións da Unión Europea.

(2) O co-director do grupo, Michael Manekin foi tamén activo noutro grupo anti-israelí, Zochrot, que promove a idea de que Israel non se fai responsable e debe ser condenada por causar a Naqba (catástrofe) palestina.
(3) http://www.ngo-monitor.org/article.php?id=1777

Máis información: www.soldiersspeakout.com