04/05/10

Charla-coloquio en Vigo: "Mulleres sobreviventes do Holocausto, contan a súa historia"

Terá lugar o vindeiro día 18 de maio, martes, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos en Vigo, sita na rúa Urzaiz 17 baixo.
.
Intervén:
.
Micheline Wolanowski de Papiernik *
.
*Micheline Wolanowski de Papiernik naceu en Paris, Francia en 1925. Actualmente aos seus 84 anos reside en Buenos Aires, Arxentina. Estivo casada con Charles Papiernik, sobrevivente de Auschwitz, co cal construíu a súa familia, Charles Papiernik faleceu en setembro do 2007 aos seus 89 anos. Durante a II Guerra Mundial, Micheline viviu escondida en Francia con documentación falsa, cambiando o seu lugar de residencia constantemente, fuxindo da persecución nazi na Francia ocupada. Os pais de Micheline e a súa irmá foron deportados a Auschwitz-Birkenau onde foron asasinados. En 1943, Micheline foi contactada pola Resistencia francesa, coa cal colaborou até a liberación. En 1945, Micheline coñeceu a Charles Papiernik. En 1948 casaron en Uruguai onde se estableceron, naceron as súas dúas fillas e viviron até 1974, cando se mudaron a Buenos Aires. Micheline e Charles dedicaron as súas vidas a preservar a memoria do Holocausto, dando o seu testemuño en diferentes lugares do mundo.
.
Presentan:
.
Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI
.
Manuel S.Pérez Millos, socio de AGAI, correspondente en Galicia e colaborador no semanario israelí AURORA http://www.aurora-israel.co.il/