12/05/10

Carta aberta de Elie Wiesel ao Presidente Barack Obama


O gañador do Premio Nobel, e sobreviviente do Holocausto Elie Wiesel, ven de publicar o pasado 17 de abril unha carta aberta nos xornais The International Herald Tribune, The Washington Post e The Wall Street Journal dirixida ao Presidente Barack Obama, con quen Wiesel visitou o campo de concentracióne de Buchenwald o ano pasado. Eis o texto da carta:
.
Para Jerusalem
.
Era inevitable: Jerusalem está outra vez no centro de debates políticos e de tormentas internacionais. Tensións novas e vellas saen á superficie perturbando a paz. Destruída e reconstruída dezasete veces, aínda está no medio de confrontacións diplomáticas que poderían desencadear un conflito armado. Nin Atenas nin Roma xeraron tantas paixóns. Para min, o xudeu que son, Jerusalem está máis aló da política. Está mencionada máis de seiscentas veces nas Escrituras, e nin unha vez no Corán. A súa presenza na historia xudía é abafadora. Non hai unha pregaria máis conmovedora na historia xudía que a que expresa o noso anhelo por retornar a Jerusalem.
.
Para moitos teólogos, é historia xudía, para moitos poetas, unha fonte de inspiración. Perténcelle ao pobo xudeu e é moito máis que unha cidade, é o que une a un xudeu con outro dunha maneira que aínda é difícil de explicar. Cando un xudeu visita Jerusalem por primeira vez, non sente que é a primeira vez; é un regreso a casa. A primeira canción que escoitei foi o arrullo da miña nai sobre, e por, Jerusalem. A súa tristeza e a súa alegría son parte da nosa memoria colectiva. Cando un xudeu visita Jerusalem por primeira vez, é un regreso a casa. Desde que o Rei David fixo de Jerusalem a súa capital, os xudeus viviron dentro das súas murallas con soamente dúas interrupcións: cando os invasores romanos lles prohibíron o acceso á cidade, e logo, baixo a ocupación xordana. Aos xudeus, máis aló da súa nacionalidade, negóuselles a entrada ao Barrio xudeu para meditar e rezar no Muro Occidental, o último vestixio do Templo de Salomón.
.
É importante lembrar: se Xordania non se unira a Exipto e Siria na guerra de 1967 en contra de Israel, a cidade vella a día de hoxe aínda sería árabe. Claramente, mentres que os xudeus estaban dispostos si a morrer por Jerusalem, non estaban dispostos a matar por Jerusalem. Hoxe, por primeira vez na historia, os xudeus, os cristiáns e os musulmáns poden adorar libremente nos seus lugares sacros. E, ao contrario dalgúns reportaxes publicados na prensa internacional, os xudeus, cristiáns e musulmáns teñen permitido construír os seus fogares en calquera lugar da cidade. A angustia por Jerusalem non é sobre bens raíces senón sobre a memoria.
.
Cal é a solución? Certamente a presión non producirá unha solución. Hai unha solución? Debe haber, haberá. Por que abordar o problema máis complexo e sensible prematuramente? Por que non primeiramente tomar pasos que permitan que a comunidade israelí e palestina poidan convivir nunha atmosfera de seguridade? Por que non deixar de lado o asunto máis complexo, máis sensible, durante ese tempo? Jerusalem debe continuar sendo a capital espiritual xudía do mundo, non un símbolo de angustia e amargura, senón un símbolo de confianza e esperanza. Como dixo o mestre jasídico Rebe Najman de Breslov: "Todo neste mundo ten un corazón; incluso o corazón mesmo ten o seu propio corazón". Jerusalem é o corazón do noso corazón, é a alma da nosa alma.
http://www.haaretz.com/news/wiesel-for-me-as-a-jew-jerusalem-is-above-politics-1.284435