PALABRAS DO COMANDANTE EN XEFE DAS FORZAS DE DEFENSA DE ISRAEL, XENERAL GABY ASHKENAZI, EN RECORDACIÓN DOS CAIDOS NAS GUERRAS DE ISRAEL, IOM HAZICARON, 2010Ç
Soldados e oficiais do Exército de Defensa de Israel:
Máis unha vez, no Día de Recordación dos Soldados Caídos, retornamos aos monumentos e cemiterios para recordar os actos dos nosos amigos caídos, os relatos exemplares, o seu heroísmo e a súa entrega e para agradecerlles porque, no seu nome, celebraremos, mañá, o Día da Independencia. O agudo e ardente son da sirena do recordo, que enmudece a Israel hoxe, desde unha punta á outra do país e que silencia calquera diferenza entre nós, creba a rutina do día e sitúa, no centro, o recordo dos nosos fillos e fillas, que nunca xamais deixarán de estar inscriptos na axenda dos nosos corazóns, próximos aínda que tan afastados.
"Perdemos todo o que nos era prezado e calaremos as palabras que esquecemos", escribiu o poeta Nathan Yonathan, que perdeu ao seu fillo Lior durante a Guerra de Yom Ha-kipurim. "Levantaremos, orgullosos, os nosos rostros, endereitaremos as costas, aprenderemos a vivir coa amarga verdade e, como vellos mariñeiros, partiremos, sen medo, desde o corazón do mar cara ao ollo da tormenta". Por desgraza, no transcurso deste ano, demasiadas familias perderon o que máis querían. Novos nomes foron gravados nos monumentos dos cemiterios e, a bandexa de prata, continúa e carga sobre ela, máis e máis dos nosos seres amados. O seu peso creceu e, levantala, é máis difícil pero, a cambio, a nosa vida aquí, repite, con claridade, que non hai outro camiño.
Ademais da ausencia e a melancolía, apertamos os beizos fronte á dor e continuamos, con determinación, o noso camiño facendo todo o necesario para ser merecedores do custoso prezo que pagaron os caídos e os seus familiares. Só un exército forte, con determinación e valor, sostido sobre as costas de persoas morais, provistos de fe é capaz de preservar os seus valores, o seu legado e o espírito dos caídos. Só un exército así poderá outorgar sentido ao custoso prezo que pagaron brindando a esta terra, a terra dos monumentos e o recordo, o sabor do leite e o mel da que é merecedora. Só un exército así poderá afastar a guerra e achegar a paz. Así é o Exército de Defensa de Israel e, así, son os seus soldados e oficiais!
Soldados e Oficiais; Desde este lugar elevamos unha oración para que, no 63° Aniversario do Estado de Israel, non sexan inscriptos novos nomes sobre as paredes do recordo. Renovaremos, a cada momento, a nosa promesa de absorber, desde a inmensa dor, novo vigor -en corpo e alma- e continuaremos adquirindo toda a forza, abrindo cada camiño, facendo todo o necesario, o posible e imposible, ate que volva a calma e a paz ás nosas fronteiras.
E, cando ese día chegue a nós, saberemos que, por sempre, no seu alicerce aséntanse os nosos amados caídos, como firmes columnas vertebrais da estrutura do noso Estado, da nosa sociedade e do noso Pobo.
Benditas sexan as súas memorias.
Gaby Ashkenazi
Comandante en Xefe das Forzas de Defensa de Israel.