A televisión da moderada Autoridade Palestina está a transmitir un novo programa infantil que explica aos cativos as diferentes áreas da Palestina. Para iso, é presentado un mapa coa lenda (en árabe) "Explora o teu país". No mapa non hai fronteiras, apenas un país está sinalado, Palestina, e abranxe todo o territorio de Israel. Un claro exemplo da forma como os palestinos "moderados" manipulan aos mais novos, para fins políticos. Debéramos preguntar aos estrategas da Autoridade Palestina se tiveron en conta as potencialidades que o recurso a rapaces e cativos pode ter na loita contra Israel. Os rapaces adoutrinadso, coa manipulación de programas televisivos e de manuais escolares, onde reciben a idea de que Israel non debe existir. Estes mozos son fácil presa de xogos de "Intifadas", permitindo que grupos de adolescentes tiren pedras contra os soldados israelis, para despois explotar propagandisticamente os feridos que inevitabelmente causen.
Estes dous modos de manipulación encaixan perfectamente na liña oficial seguida pola autoridade Palestina: para o exterior un discurso pacifista e vitimizador; para o interior unha adoutrinación belicista e agresiva, satanizando a Israel e negando a súa existencia. Esta estratexia ten sido exitosa, non só entre a poboación palestina, senón principalmente nos medios de comunicación occidentais, que acriticamente serven á opinión pública dos seus países respectivos todas as patrañas que a AP lles queira presentar.