18/11/09

O "Caso Kasztner", filme documental sobre a historia do homicidio do Dr. Reszö Kasztner

Unha información de Ilana Steiner e Carlos Penela desde Viena *

O pasado domingo, 15.11.2009, no marco da Semana de Cinema Xudeu, que se celebra cada ano en Viena (http://www. jfw.at/2009/ ), foi presentado o filme documental "Killing Kasztner" (http://www.imdb. com/title/ tt1038913/) de Gaylen Ross. O filme trata a historia do homicidio do Dr. Reszö Kasztner, un xudeu húngaro, que durante a II Guerra Mundial logrou negociar cos nazis a liberación duns 1.600 xudeus. Posteriormente estableceuse coa súa familia en Israel e, despois de que fose implicado nun proceso de difamación, foi víctima dun atentado o 15 de marzo de 1957.En "Killing Kasztner" abórdanse puntos de vista moi diferentes en relación a este caso. A directora estivo reunindo o material ao longo de sete anos; desta maneira, amplas partes do filme están formadas, por unha parte, por entrevistas cos homicidas de Kasztner (os tres homes foron xulgados pola morte de Kasztner e todos eles indultados algúns anos despois) e, por outra, por conversas coa filla do propio Kasztner, Zsuzsi, e as fillas desta. A continuación, toman a palabra como testemuñas da época, entre outros, Uri Avneri e Tommy Lapid.

Por medio do caso Kasztner, a película tenta seguir a pegada da problemática de cómo o Estado de Israel se confronta coa Shoah, así como de quen é tratado como heroe a efectos oficiais. Deste xeito, o filme confronta, por exemplo, o destino de Reszö Kasztner, co de Hanna Szenes (http://en.wikipedia .org/wiki/ Hannah_Szenes ), quen é considera unha heroína en Israel.Como convidado especial estivo presente na proxección do filme o Prof. Ladislaus Löb, quen, xunto co seu pai, se puido salvar grazas ao transporte organizado por Kasztner, escribindo ademais un libro co título "Dealing with Satan: Rezso Kasztner's Daring Rescue" acerca desta experiencia dramática. (http://www.telegrap h.co.uk/ culture/books/ non_ fictionreviews/ 3671207/Saving- some-Hungarian- Jews.html) Na propia páxina oficial do filme pódense atopar máis informacións sobre a historia: http://www.killingk asztner. com/

Sabemos que é un tema controvertido e complicado, que merece moita reflexión e que, seguramente, dividirá opinións de maneira moi oposta. En todo caso, e aproveitando a excelente oportunidade que supuxo poder asistir a estrea deste documental en Viena, quixemos dar a coñecer a historia. Finalmente, adxuntamos o enderezo deste blog en español, onde aparece unha entrada bastante completa ao respecto: http://neguevandme. blogspot. com/2008/06/ heroe-o-traidor- la-historia- de-reszo. html

* Ilana Steiner e Carlos Penela son socios de AGAI e residentes en Viena.