19/11/09

Desmontando o artigo do País

Ilustración antisemita pero perfectamente publicable na prensa española

.
Por Victorino Cortés
.
Cando a crítica e o contexto se eliminan ao copiar e pegar unha noticia que aparece en Israel hai moitas probabilidades de que saia unha crónica xudeófoba. Explícome. Haaretz é un medio israelí que publica para israelís. Os israelís que len Haartez saben -viven- o contexto no que se produce esa noticia. Ademais, é evidente que Haaretz con esa información, critica nese contexto xudeu en Israel a tolemia dun grupo ultra minoritario de extremistas perigosos. Os lectores de Haaretz teñen todos os elementos para poder comprender o que sucede. Cando o correspondente de El País extrapola o núcleo da noticia, faino eliminando a crítica, o contexto e realizando, ademais, unha comparación perversa que busca un efecto xudeófobo: a de situar ao mesmo nivel o sistema educativo palestino, tanto de Hamas como de Fatah, -que de forma sistemática e constante incita ao odio- coas barbaridades duns extremistas que teñen un apoio infinitamente escaso na sociedade israelí. E a iso engádelle o dos supostos esforzos da AP por reformar o seu propio sistema educativo, mentres que as autoridades israelís son presentadas como o apoio fundamental deses extremistas. É moi difícil atopar máis manipulacións para conseguir presentar a Israel e aos xudeus como salvaxes. Pero, xa sabemos, El País é "calidade gobal" ... iso si, lixo xudeófobo de calidade global.

Podes ler aquí o devandito artigo asinado polo misioneiro JM Muñoz: